miércoles, 26 de julio de 2017

Flamin' Groovies Vs The Lookers, split

Novo material dos míticos Flamin' Groovies. 
O ano pasado los Groovies ebntregaron un single para conmemorar os seus 50 anos de carreira, "Crazy Mazy" en Burger Records, ademáis de un par de splits compartidos con Warren Zevon e Dylan Gardner. Agora entregan un novo tema, presentado tamén nun split, compartido desta vez con The Lookers, através de selo vasco Discos Bloody Mary.
O tema dos Flamin' Groovies, agora con Cyril Jordan e Chris Wilson á fronte, e o 'Don't Talk to Strangers', versión dos Beau Brummels, unha peza de pop psychodélico que os devolve á sua época máis power pop. Na cara B, 'Pictures on the Wall' novo temas dos franceses The Lookers, a guitarrazo limpio.
Split single en edición limitada en catro cores a escoller: vinilo verde, laranxo, branco ou amarelo, 300 de cada cor. E todo cos fantásticos deseños de Rubén Suárez. Apurade que voan.
Toda a info e reservas na web e Bloody Mary.
E isto só é o adianto do novo álbum dos Flamin' Groovies, "Fantastic Plastic" que sairá a finais de setembro. Aquí tedes un adianto.

FLAMIN'  GROOVIES  & THE  LOOKERS  
"Don't Talk to Strangers b/w Pictures on the Wall"
(Discos Bloody Mary, 2017)


martes, 25 de julio de 2017

Bifannah "Maresia"

Imos comezar a semana recomendándovos un dos discazos da tampada.
Trátase do primeiro longo dos Bifannah, unha das bandas que máis está a dar que falar nestes últimos tempos. Xa vos recomendamos o seu single do ano pasado, e dende xuño xa está dispoñible o seu esperado primeiro lp, "Maresia" da man do selo The John Colby Sect.
"Maresia" é un álbum moi ambicioso, na gravación, mesturas e masterización, o resultado son dez temas que retorcen ese moody garage, a psychodelia de baixa fidelidade, o tropicalismo de finais dos 60s e moitos elementos do pop máis coidado e luminoso. Das influencias, máis que evidentes, xa nin vos imos falar. Por destacar algúns cortes, quédome coa enorme 'Pequeno Selvagem' de melodías impecables, e xogos de voces que son auténtico alucine, con eses toques de garage sofisticado, coma en 'Faz-Me Mal' ou 'Magic Mamba' que xa aparecía no seu single de presentación, o groove tropical de 'Kala-Mala', a divertida 'Ja ninguen gosta de você', ou o pop psychodélico máis intenso de 'Ervas'. Imposible aburrirse con esta xente. 
Un discazo, do mellor do que vai de ano. Recomendadísimo, e por suposto, non vos perdades os seus shows deste verán.

Maresía no bandcamp de Bifannah.

BIFANNAH "Maresia"
(The John Colby Sect, 2017)


sábado, 22 de julio de 2017

Documental sobre Radio Birdman

Esta semana estreouse o documental sobre Radio Birdman, a banda australiana por excelencia, unha das propostas máis excitantes dos 70s e influíntes nos 80s, e unha das nosas bandas de cabeceira de sempre!.
"Descent into the Maelstrom. The Untold Story of Radio Birdman" é un documental independente realizado por Jonathan J. Sequeira, coas súas orixes, a súa historia, e a crónica de toda unha escena que segue a marabillar ao mundo enteiro. Por suposto, con lanzamento de banda sonora incluído. 
Tedes unha boa presentación no blog Condenado Fanzine.
Polo momento estreouse nas pantallas australianas, a ver se pronto o temos por aquí. Máis info na web Descent into the Maelstrom.



viernes, 21 de julio de 2017

Stone Dead "Good Boys"

Un dos álbumes aos que máis voltas lle estamos a dar nestes últimos días é o lp de debut do portugueses Stone Dead. Logo de velos a pasada semana en directo en Compostela non podemos deixar de escoitar o seu "Good Boys".
Son dez temas de garage psychodélico, con moita influencia de punk e power pop, unha auténtica maravilla que nos leva por centos de bandas do que maís nos gusta. Unha base rítmica contundente, xogos de voces tremendos entre os catro compoñentes e guitarras sucias coma os mellores do xénero, cun ollo posto nos Stooges e outro en Ty Segall. 
No álbum atoparedes de todo, o power pop de 'Blooze', o psych folk alucinado de 'Floating', 'Lid Routine' ou 'Another Wine', garage lo-fi coma en 'Candy' ou 'Good Boys', os toques progresivos de 'Johnny Puke' e a contundencia de 'Turn Around' para rematar ben arriba. Discazo, e se tedes oportunidade de velos en directo, non vo-los perdades. Recomendados!

STONE DEAD "Good Boys"
(Lovers & Lollypops, 2017)

Bei Bei & Shawn Lee "Year of the Funky"

Hoxe imos a recomendarvos unha auténtica rareza.
O novo álbum entre a chinesa Bei Bei e o polifacético productor Shawn Lee, autor de multitude de álbumes, colaborador de xente coma Jeff Buckley ou Amy Winehouse e habitual na música de cine e tv. 
Bei Bei é unha virtuosa do guzheng, uns instrumento tradicional da China, documentado no seu uso dende alomenos dous mil anos. Afincada en California na última década lanzou o seu primeiro traballo con guzheng no 2006, e no 2010 publicou a súa primeira entrega compartida con Shawn Lee ("Into the Wind" con Ubiquity Records). Agora lanzan unha segunda entrega desa colaboración, "Year of the Funky" através do selo xermano Légère Recordings.
A súa proposta é unha fusión ben curiosa, entre un instrumento tan exótico en Europa coma é o guzheng, e o jazz abstracto, o funk electrónico e todo tipo de rítmica groove e programacións. A mestura resulta ben interesante, conecta oriente e occidente, os sóns do pasado e os do presente.
Nos primeiros temas con tendencia ao relax, mentres que a fusión faise máis patente segundo avanza o álbum, en temas coma 'Year of the Funky' ou 'Black Nylon' que son puro ritmo groove, co máximo en 'Danxia Disco', para volver a mesturas máis relaxadas cara o final. Teredes que escoitalo vós mesmos.
Unha auténtica rareza que vos recomendamos.

Year of the Funky no bandcamp de Légère.

BEI BEI & SHAWN LEE "Year of the Funky"
(Légère Recordings, 2017)



jueves, 20 de julio de 2017

Futuro Terror "Su nombre real era otro"

Imos cunha desas xoias do panorama estatal que nos quedaron atrás entre os lanzamentos do ano pasado. Futuro Terror son un trio de Alicante, do mellor que hai nestes momentos en España, e perderamoslle totalmente a pista dende o seu lp de debut do 2014. Nas últimas semanas, ao ver as promos do seu próximo álbum que sairá en setembro, atopámonos con esta maravilla que se nos quedou atrás no seu momento.
"Su nombre real era otro" foi lanzado por B-Core en maio do 2016, e se xa nos gustara o seu debut, este é unha pasada. Post-punk garagero, a guitarrazo limpio, cunha rítmica que é de tolos, e moitas melodías. 'Sonries Alegre', 'Futuro Terror', 'Ectoplasma', 'Parálisis del sueño', temas máis crudos como 'La Sospecha' ou 'Afilado', a tolemia punk de 'Tres Forques', ou o power pop de 'Es Así' para rematar. Discazo!

FUTURO TERROR "Su nombre real era otro"
(B-Core disc, 2016)



miércoles, 19 de julio de 2017

Sesión de Calambres "18º aniversario"

Aínda quedaba unha sesión máis por compartir das últimas semanas.
Aquí tedes case unha hora do que nos deixou Michi Calambres na súa entrega especial de fin de festa do 18º Aniversario do Rif-Rock. 
Recomendamos máximo volumen!!

MICHI CALAMBRES "Sesión 18º aniversario"
(sesión Rif-Rock 8 xullo 2017)



martes, 18 de julio de 2017

IX Festa do Bigote!

Primeiro aviso.
Domingo 6 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK convócanvos á 9ª FESTA DO BIGOTE!!. 
Faltan tres semanas...


George A. Romero

George A. Romero
(1940 - 2017)



lunes, 17 de julio de 2017

Martin Landau

Martin Landau
(1928-2017)



Escalenux#2

Aquí tedes un rato da sesión deste sábado de Escalenux. 
Unha selección de uns tres cuartos de hora para poñer ao máximo volume!

Escalenux
(sesión Rif-Rock 15 xullo2017)


viernes, 14 de julio de 2017

Sáb.15: Escalenux!

Imos recuperando a normalidade da nosa programación.
Este sábado volve Escalenux á nosa cabina.
Non vo-lo perdades!


jueves, 13 de julio de 2017

King Gizzard & The Lizard Wizard "Murder of the Universe"

Levamos varias semanas se atopar un momento para escribir algo sobre este álbum. É certo que foron semanas de moito traballo den varias cousas, pero é que esta nova entrega dos King Gizzard & The Lizard Wizard é para escoitalo ducias e veces e non saber que decir sobre el.
"Murder of the Universe" é o seu segundo traballo neste 2017, no que promteron cinco. Trátase dun álbum conceptual con 21 temas divididos en tres capítulos, "Chapter 1: The Tale of the Altered Beast", 'Chapter 2: The Lord of Lightning vs. Balrog' e  'Chapter 3: Han-Tyumi & The Murder Of The Universe', nos que se alternan cancións propiamente ditas cunha duración standard, con fragmentos de menos de un minuto, e ao longo de tódo-los cortes con voces que narran diferentes historias por encima da música e a voz de Stu Mackenzie. No musical, trátase do álbum no que maís se deixaron levar pola música progresiva e o heavy psych. Con momentos brillantes, pero bastante desconcertante en conxunto. Teredes que escoitalo de tirón para saber de que vai todo isto.
Mentres, xa anunciaron a próxima entrega para a volta do verán, que levará por título "Sketches of Brunswick East", que adiantan que se trata de un álbum de free jazz inspirado no "Sketches of Spain" de Miles Davis. Veremos que sae de ahí.

KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Murder of the Universe"
(Flightless Recordings, 2017)



Tape Five "Soiree Deluxe"

Máis recomendacións refrescantes que nos chegan dende WillWork4Funk.
Tape Five é o proxecto máis ambicioso do productor xermano Martin Strathausen, un dos pioneiros do electro-swing, que mestura jazz clásico, dixie, funk, soul, música latina, dub ou tango sobre bases de electrónica retro.
Unha auténtica trituradora de ritmos coa que leva publicados xa sete álbumes dende o 2005 e media ducia de eps.

En abril lanzou o seu último traballo "Soiree Deluxe" da man do selo xermano ChinChin Records. Un traballo longo, con 18 temas (algúns meros interludios) de tóda-las posibilidades do seu repertorio, con todos eses estilos mesturados ou por separado, e numeorosos guiños a clásicos de cada xénero. Ademáis, cada peza axustada ás características dos vocalistas que habitualmente colaboran nos seus traballoDionne Wudu, Henrik Wager, Brenda Boykin, Iain Mackenzie, Yuliet Topaz e Maria Maschenka.

Se teño que recomendarvos temas, escollo os que menos, ou nada, teñen de bases electrónicas. Ahí va a miña selección: 'Hush Hush Magazine' e a preciosa 'Love gun', dúas pezas de funk e soul, un tema más serio coma 'Nowheres End', o reggae de 'Burn the city', ou o dub hiphopero de 'Crazy World Crazy World', pero tamén instrumentais como a relaxante 'Topanga Valley' ou 'Do the Hobo Shuffle' que é puro electroswing.
Un álbum de auténtico divertimento no que atoparedes de todo para tódo-los gustos, e seguro que mentres lle dades volta non aguantades cos pes quietos.

Tape Five web.
WillWork4Funk.
TAPE FIVE "Soiree Deluxe"
(ChinChin Records, 2017)



miércoles, 12 de julio de 2017

Los King Kongs, o show do 18º Aniversario

Fantástico fin de semana para festexar o noso 18º Aniversario. Ao final quedou cun programa máis reducido que en anteriores ocasións, pero as axendas mandan. Prometemos incluir algunha das cousas que nos quedaron atrás nos próximos meses.

O venres 7 foi o turno da sesión de Ptooff & Bimba Pop, era a primeira vez que compartían a cabina nun fin de semana de cumpreanos total e seguro que repetirán.
O sábado 8 o prato forte, co directo de LOS KING KONGS, banda para a ocasión montada entre Los Wavy Gravies, e o contrabaixo de Koko (Breakin' Bones e Pegas Negras), e tampouco podemos esquecernos de Vanessa que se fixo carga das maracas en cada tema que a reclamaron. Un show de moito nivel, cheo de clasicazos do rock'n'roll maís primitivo, sons de serie b, moito surf, garage e co revival de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto rematando con Michi Calambres no escenario para o tema de despedida.
O fin de festa correu a cargo de Calambres, coa tremenda sesión ata o peche, garage, punk, distorsión e xoias do baúl das que sempre collemos moitos apuntes.

Gracias a todos por apuntarvos á celebración, así da gusto seguir cumprindo anos, e por suposto a todos por vir, que senón nada disto tería sentido. Pero especialmente á panda do cumpreanos total que chegaron armados de caretas dos king kongs para sorprender á banda. Detallazo!

Xa tedes o subido o concerto completo na nosa canle de youtube, na anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4), ou todo seguido en lista de reproducción:


Los King Kongs, concerto pt1


Los King Kongs, concerto pt2


Los King Kongs, concerto pt3