martes, 29 de julio de 2008

Xa está na rúa o Despregable#18 especial verán.



Estes días sairá da imprenta o despregable #18. Moitos traballiños pasamos para sacar este número, que sae, con un mes de 31 días de retraso... "all we need is time".
Neste exemplar atoparedes entrevistas sobre humor gráfico da man de Luis Davila, un buenense que xa leva tempo traballando no Faro de Vigo e que acaba de estar nas xornadas de comic de Cangas. De música temos a The Blows un grupo vigués que está a rachar en todos os festiváis, e o Festival do Norte, a crónica do evento e entrevistas con Bandín (un dos organizadores) e Dj Nano (encargado de pecha-la edición). Na presentación grafitti temos a Mr. Mono para flipa-lo en cores. Chourizo Films a productora cambadesa do cine máis underground da comarca. E Juan Carballo de novo de xira cun novo poemario.

Todo isto, e moito máis en Despregable dende O Salnés para o mundo.
e xa sabedes, toda-las novas en:
http://embaixadaprusiana.blogspot.com/


...e coma sempre, xa sabedes, para socios. cónsules, patrocinadores

e demáis sospeitosos prusianos
este número se acompaña co
JAZZ LIVE VOL.3
no que alumnos de SPJ interpretan xunto con Juanma Barroso, Tom Warburton, Jon Robles e Mikel Andueza temas de Abe Rábade, Nacho Pérez e standards de Thelonious Monk ou John Coltrane entre outros...




No hay comentarios: