jueves, 12 de febrero de 2009

Xa está listo o DESPREGABLENº 20!!!

Dende mañan xa estará na rúa o
Despregable nº 20

20!!!! 20 números, e comezamos o noso quinto ano de publicación, de tolos!!!



e pasando de calqueira tipo de celebración, fixemos un número normal a tope de contidos, Entrevista con RUBÉN ARENAZ, escultor cambadés a conta da súa mostra de fotogramas 'Paisaxes'; estivemos con PROJECTO MOURENTE, unha das propostas máis festivas do panorama pop galego; falamos a fondo con MANUEL OLVEIRA, director do CGAC, sobre o Proxecto Edición; tamén tedes unha entrevista tremenda con JAVI CAMINO, director e guionista do filme gore 'Maldito Bastardo'; aproveitamos a visita de ANTONIO VEGA e BASILIO MARTÍ a Cambados para falar un pouco con eles; e tamén entrevistamos a JUAN MOLDES (El Agente Naranja) que este mes de febreiro pon en marcha a Sala Boogaloo, que en formato de clube traerá a Canelas a proposta máis excitante para os amante do bo rock'n'roll; Ana Cambeiro é a fotógrafa protagonista deste número, e ademáis do habitual boletín do SPJ de Pontevedra que nos trae tóda-las novidades discográficas de Free Code, e da Cara-B de DavidA (adicada, como non ó cine gore galego) achegámosvos un dossier especial (coma tódo-los primeiros números do ano) coa selección dos mellores comics do 2008, os mellores álbumes galegos, e tódo-los discos que non debíchedes deixar pasar do 2008.
Xa vedes, 50 páxinas que botan por fora...
e para socios e subscriptores, este número se acompaña do cd da
PONTEJAZZ BIGBAND
(Free Code Jazz Records, Ref nº035)

unha banda composta por 17 músicos, con ampla sección de metais, que interpreta pezas compostas por Carlos Azevedo.
Así que xa sabedes, asociádevos á Embaixada!!!!

No hay comentarios: