miércoles, 29 de abril de 2009

O album da semana "My Solid Ground"

Esta semana, o álbum de cabeceira é a obra homónima de
MY SOLID GROUND
(1971
, Bacillus Recs)





Esta banda alemana pasou case desapercibida no seu momento, e sobre todo porque apenas traspasou as fronteiras xermanas, somentes, cando este álbum se reeditou en 1997, moitos tivemos a oportunidade de coñecelos, e sobre todo, moitos de preguntarse como semellante álbum de 1971 non tivo o recoñecimento merecido. Formados en 1968 no seu contexto sempre foron incluidos no saco do Krautrock alemán de finais dos 60 e dos 70, por suposto, e sendo quenes máis fielmente seguían os mandatos de Pink Floyd naquela escena, cousa evidente, pero hay moito máis que dicir, posto que nen se cinguen moitos ós parametros do kraut nen seguen tanto os postulados dos Pink Floyd, posto que neste álbum destacan as súas guitarras en plan hardrock e por veces ácidas máis propias do garage 60's, ademáis desa alternancia de temas mastodónticos (Flash, 24 mins) coa maioría que resultan ser cañonazos lisérxicos de dous minutos e medio.... Un discazo. E que saibades que non é o álbum da semana en homenaxe á pandemia de gripe porcina (que tamén quedaría ben), senón á sesión de mañán vernres: Psychedlic Munstapha.
Aquí tedes o álbum:
http://www.megaupload.com/?d=PLHCIT41

No hay comentarios: