jueves, 11 de marzo de 2010

O Clásico da semana "I Got a Baaad Feelin' about this" dos Blacktop

Esta semana preséntovos ó clásico máis recente de tódo-los q vos teño traído, pero é q tras varios días q me teñen preguntado por Mick Collins, sempre me decían que os traballos de Blacktop eran dos máis difíciles de atopar... Blacktop e unha desas múltiples bandas peralelas do sr Mick Collins como The Dirtbombs, The Gories, Voltaire Brothers, The Screws, U-Boats, The Floor Tasters, ou Man Ray Man Ray, e as súas numerosas colaboracións con xente coma King Khan, Andre Williams, The King Sound Quartet e por suposto como productor e mecenas de infidade de novos valores... (unha semana destas a adicaremos ó mestre Collins) o auténtico rei do sonido de Detroit... Pois aquí tedes as grabacións completas de Blacktop, a síntese perfecta entre blues cavernícola dos Gories e a evolución rítmica previa a The Dirtbombs. Aquí tedes ese incunable:

BLACKTOP
"I Got a Baaad feeling about this.
The complete Recordings"
(In the Red Records, 2003)


descargádeo no blog PowerPopOverdose:

No hay comentarios: