lunes, 31 de mayo de 2010

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre de novo en Radio3.

Nova aparición de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre en El Sótano de Radio3 , esta madrugada, desta vez protagonizando a sección versión e orixinal con 'That Jim', soando xunto coa orixinal de Mackey Beers & The Rockitts... e que podedes escoitar hoxe en directo na repetición de 20 a 21:00h.


e aquí tedes as anteriores aparicións:

o 10 de maio con 'Out of my Mind':

o 12 de maio con 'Girls on Motorbikes':

domingo, 30 de mayo de 2010

Entrevista con Oscar 'CTK' no Diario de Arousa dende Dinamarca

Aquí tedes o recorte que Oscar subeu en Cambados(TK), da entrevista publicada hoxe no Diario de Arousa sobre os cinco anos da web. A tedes con moita máis calidade premendo aquí.

viernes, 28 de mayo de 2010

Paco Charlín hoxe en La Voz de Galicia

Aquí tedes a entrevista publicada hoxe en La Voz de Galicia
para presentar a sesión desta noite...


*pica na foto para ampliar...

Hoxe Paco Charlín (FREE CODE Sesión Dj)

HOXE!!! Venres, día 28 de maio
non vos perdades unha sesión moi especial:
FREE CODE Sesión Dj
con PACO CHARLÍN volvendo ós mandos da cabina do Rif-Rock
nunha nova ocasión na que calqueira cousa pode sonar...

jueves, 27 de mayo de 2010

O Clásico da semana "Kick Out the Jams" dos MC5

O clásico desta semana é un deses álbumes que debería ser imprescidible nas vosas vidas, así que sobran as presentacións... KICK OUT THE JAMS MOTHERFUCKER!!!!!!

MC5
"Kick Out the Jams"
(Elektra, 1969)


descargádeo dende o Fanzine La Mancha:


miércoles, 26 de mayo de 2010

O álbum da semana "Love & Desperation" de Sweet Apple.

Por moito que leades deste álbum neste mes ou no seguinte, non volo creades todo. O atractivo de ter J.Mascis como membro é un seguro para a promoción do proxecto, pero limitado á batería e a uns cantos coros e liñas de guitarra na grabación. Quen manda no proxecto son realmente John Petkovic e Tim Parnin (membros de Cobra Verde). Imos deixalo claro. Se desfrutas de Dinosaur Jr, este álbum pretende seguir a mesma onda, pero sen a factura de aqueles, pero pode servirte como bó entretemento. Boas melodías en case tódo-los temas e saturación de guitarras marca da casa. O resto das marabillas que leades non teñen criterio algún, ou son deliberadamente falsas. A portada por suposto, homenaxe a Roxy Music (que realmente esta dando que falar máis que a propia música).
O dito, para estar entretido unha hora e pouco máis...

SWEET APPLE
"Love & Desperation"
(Tee Pee Records, 2010)


descargádeo no blog 77 Motherfucker Club:

Este Venres Carlos Callón presenta o seu libro en Cambados.


Carlos Callón, presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da plataforma Queremos Galego! presenta este venres 28 de Maio o seu novo libro no Centro Comarcal Exposalnés. Titulado ironicamente "En Castellano no hay problema" o libro repasa a evolución da defensa do galego a través de varios ensaios. O acto terá lugar a partires das nove da noite e organizan as librarías Contos e Cabanillas.


texto de Cambados(Tk) cartel de Unha Grande Chea.

martes, 25 de mayo de 2010

Mark Lanegan Band "Bubblegum"

No 2004 publica o último álbum en solitario ata a data. Para 'Bubblegum' devolve a invitación a moitos dos compañeiros nas Desert Sessions e QOTSA, e non por iso, senón polos temas que reúne, podemos decir que é o álbum máis completo da súa carreira, aínda que coma sempre na súa carreira, sobran case a metade dos temas que parecen un mero recheo para o lucimento dos seus compañeiros... así que o deixamos en medio álbum fantástico, coma sempre...

MARK LANEGAN BAND
"Bubblegum"
(Beggars Banquet, 2004)



Mark Lanegan "The Winding Sheet"

E hoxe imos deixar un par de apuntes da carreira en solitario de Mark Lanegan.
O primeiro destes traballos chegou moi cedo, xa en en 1990, publicou un álbum de blues escuro, entre os que destacaba a versión do seminal Leadbelly 'Where did you sleep last night' (de 1944) e coa que se producirá unha desas constantes da súa carreira, que él faga o traballo, e outros se leven os $$$. Canta xente a día de hoxe coñece só esa versión por Nirvana?, ou peor, cantos fanáticos de pacotilla nin tan sequera se molestan en saber que ese tema ten máis de 60 anos???? terrible... O single de presentación daquel álbum foi 'Ugly Sunday' un tema fantástico, pero Seattle en 1990 non era nin o momento nin o lugar para triunfar cun álbum así...

MARK LANEGAN
"The Winding Sheet"
(Sub Pop, 1990)


descargádeo no blog 131411:

*na mesma entrada atoparedes tódo-los álbumes en solitario de Lanegan, e tamén os traballos con Isobel Campbell e Soulsavers.


lunes, 24 de mayo de 2010

Soulsavers "Broken"

Deixamos para mañán os seus traballo en solitario ou como The Mark Lanegan Band, pero para rematar hoxe, imos coa súa última aparición discográfica:
Soulsavers son un extraño dúo británico, adicado habitualmente a facerremezclas electrónicas, pero que tamén dan renda solta a súa paixón polos sons máis espirituais da América profunda, coma o soul, o gospel e o blues. Nos seus últimos traballos contaron con numerosos colaboradores como Mike Patton ou Richard Hawley, e a os que Mark Lanegan se sumou case coma un membro permanente, xa case coñecéndoselles coma Mark Lanegan & Soulsavers, no que ven sendo a súa segunda aventura transatlántica. Canto máis lonxe, máis acude Lanegan as súas propias raíces.

SOULSAVERS
"Broken"
(V2/Columbia, 2009)



The Gutter Twins "Saturnalia"

E agora imos cos seus dous últimos proxectos.
As constante e intermitentes colaboracións de Lanegan con Greg Dulli (ex-Afghan Whigs) en The Twilight Singers, provocaron a formación dun proxecto conxunto, un novo dúo, este menos extrano, pero moito máis amargo, The Gutter Twins:

THE GUTTER TWINS
"Saturnalia"
(Sub Pop, 2008)


descargádeo en La Madriguera del Conejo:

Mark Lanegan & Isobel Campbell.

Agora damos un salto no tempo, ignoramos a etapa nas Desert Sessions e cos QOTSA, e imos a algo máis interesante. Entre o 2005 e 2009 ademáis de atender a colaboracións puntuais, prestou a súa atención a tres proyectos principales. O que máis éxito lle proporcionou é sen dúbida o dúo formado xunto a Isobell Campbell (ex de la banda escocesa Belle & Sebastián), con quen formaba unha desas extrañas parellas de la música, e coa que publicou dous álbumes ata a data: "Ballad of the Broken Seas" de 2006, e "Sunday at Devil Dirt" do 2008. Habitualmente referidos como a bela e a bestia e coas que Lanegan recibeu excelentes críticas nos seus dous traballos compartidos, aínda que a meirande parte das composicións fosen de Campbell.

MARK LANEGAN & ISOBEL CAMPBELL
"Sunday at Devil Dirt"
(V2, 2008)


Descargádeo en Indiecaciones:

The Screaming Trees "Sweet Oblivion"

E aquí o seu seguinte álbum, de 1992, quizáis o que tivo máis éxito comercial gracias ó single 'Trouble Times'.

THE SCREAMING TREES
"Sweet Oblivion"
(Epic 1992)


Descargádeo no blog Overfunk:

The Screaming Trees "Uncle Anestesia"

Comezamos co repaso á carreira de Mark Lanegan, por suposto cos Screaming Trees. Aquí tedes o seu quinto disco "Uncle Anestesia", e primeiro cunha multinacional...

THE SCREAMING TREES
"Uncle Anestesia"
(Epic, 1991)


descárgao no blog El Club de Los Magios:

Hoxe Mark Lanegan en Libro de Notas.

Hoxe en Libro de Notas unha nova entrega da columna De Ventrílocuos Impostores.
Esta vez adicado a Mark Lanegan, sen profundizar na súa historia nin na súa vida... somentes mostrando moitas das posibilidades de tódo-los seus rexistros, dende os Screaming Trees ata os Soulsavers. Un ameno repaso que non vos deberiades perder...


...Esta semana Mark Lanegan ha estado de gira por España, y solo de pensar todas las citas que tendría que hacer para ilustrar su carrera tras abandonar los *Screaming Trees*, me he cansado del muñeco ventrílocuo antes de intentarlo. Tendríamos hablar del _grunge_ de Seattle y todo lo que vino después, del árido universo _stoner_, del _trash blues_ de sus álbumes en solitario, y de las múltiples opciones del _indie_ de ambos lados del Atlántico. Demasiado. [...] mientras que podéis disfrutar de algunos momentos seleccionados de los múltiples proyectos de una de las principales voces del último cuarto de siglo...


Nas seguintes entradas faremos un pequeno repaso de tódo-los proxectos da súa carreira...

E lembrade visitar a diario Libro de Notas.

viernes, 21 de mayo de 2010

Aprazado o concerto deste Venres.

E lembrade que o concerto que estaba programado para hoxe de
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
foi suspendido por motivos familiares.
Moito ánimo e unha fote aperta para os irmáns López!!!


Xa vos teremos informados cando teñamos nova data.

Hoxe no Pazo de Torrado.

INAUGURACIÓN DA PRIMEIRA MOSTRA DE ARTE CONTEMPORÁNEA
“15 PROYECTOS DE ESPACIO PARA UN ESPACIO”
FACULTADE DE BELAS ARTES DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS.

Artistas:
ANDREA OUTEIRAL, ANTÓN CAAMAÑO, BLANCA LORENZO, CARLOTA SALGADO, DAVID QUINTEIRO, DAVID RODRÍGUEZ CASAS, ESTEBAN SUÁREZ, ILSE MELIS, JESÚS DE LA IGLESIA, JOSETXU F. CÁRCAMO , JOSÉ VILLOT, MARCOS COVELO, MARÍA EIRAS, NESTOR DOMÍNGUEZ , ROSA NEUTRO

PAZO DE TORRADO VENRES 21 DE MAIO ÁS 20.00H
Rúa Príncipe, 10
Martes a Sábado
11.00h a 14.00h
17.00h a 20.00h
Domingos
11.00h a 14.00h
DO 21/05/2010 ATA 27/06/2010
Comisariada por Francisco Javier Tudela Sáez de Pipaón

jueves, 20 de mayo de 2010

'Submission' Galaxie 500 Vs. Sex Pistols

Hoxe hai pouco que presentar. Primeiro o 'Submission' dos Sex Pistols.

E aquí tedes a versión cool dos GALAXIE 500 que incluíron na súa Peel Session do 2005:

Mañan!!! Desfile Imperial en Santiago


O clásico da semana "Moby Dick" de Los Comandos

Nesta semana de calor abafante o clásico da semana tiña que ter unha potente base surfeira. Pero na vez de irnos ós clásicos de sempre, faremos unha nova viaxe ó Perú dos anos 60. A menudo reducimos aquela escena a bandas máis coñecidas como Los Saicos, Los York's, Los Shains, etc... pero hoxe quero compartir con vós a unha banda moito menos coñecida, Los Comandos, un potente cuarteto instrumental que practican unha extraña mestura de garage e surf, cheos de efectos, e cunha forza nada habitual nas bandas instrumentais da época...

LOS COMANDOS
"Moby Dick"
(I.E.M.P.S.A. 1969)


Descargádeo no blog Garage Latino:


miércoles, 19 de mayo de 2010

Aprazado o concerto deste Venres.

Lamentablemente o concerto deste venres 21 de
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
terá que suspenderse por motivos familiares.
Moito ánimo e unha fote aperta para os irmáns López!!!


Xa vos teremos informados cando teñamos nova data.

O álbum da semana "Who Killed Sgt. Pepper?" de The Brian Jonestown Massacre.

Esta semana traiovos o novo traballo dunha das miñas bandas favoritas. The Brian Jonestown Massacre, que entre o seu último lp de 2008 ('My Bloody Underground') e este novo publicaron tres fantásticos EPs, que xa adiantaban cambios. Agora chega o turno de 'Who Killed Sgt. Pepper?', que inclúe varios temas deses tres eps, e nos que o seu particular xeito de entende-lo revivalismo sixtie e a psychodelia, toma agora novos tintes con programacións electrónicas... e a súa obsesión pola british invasion e flower power do seu San Francisco natal muda agora polos xogos de reprises do Sgt Peppers do Beatles, mentres segue profundizando na temática das enfermidades mentais e a suxestión colectiva. Non é o mesmo de sempre, pero está moi, pero que moi ben...

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE
"Who Killed Sgt. Pepper?"
(A.Records, 2010)


descargádeo no blog Aves Cantamañanas:


Paco Charlín na nova curta de Chourizo Films.

E aquí tedes a modo de trailer un fragmento da nova curta de Chourizo Films coa colaboración de Paco Charlín. A curta realizouse para a gala dos 7º Premios Ramón Cabanillas que outorgan cada ano os libreiros de Cambados. Este ano o premiado foi Miguel Anxo Fernández, e por suposto a curta recrea unha das súas novelas do detective Frank Soutelo, a súa primeira entrega Un Nicho para Marilyn. E como eu me perdín a estrea oficial polas vacacións xa me está fervendo por velo...

FRANC3S "Nuestra Fe en el Veneno"

Este é o novo videoclip de FRANC3S 'Nuestra fé en el Veneno' do seu último EP "Exhibición de Atrocidades", dirixido por Javi Camino, directo do filme gore Malditos Bastardos (ver Despregable#nº20).

Undertown: video clip de "Ephemeral"

Este é o clip extraoficial que Constante Outeda fixo co tema 'Ephemeral' de UNDERTOWN, pertencente á súa demo "+18":

martes, 18 de mayo de 2010

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre de novo en Radio3.

E mentres eu estaba de vacacións polo Sur (perdón, zurr) os grandísimos Los Hijos Bastardos de Peter Lorre volveron sonar en El Sótano de Radio3 , foi e mércores 12, desta vez co tema 'Girls on Motorbikes'.

Aquí o tedes:

E por se andades un pouco despistados, lembrade que tamén soaron o pasado luns 10 de maio:

Rock'n'Roll y vinilos en el año 2010 (El Sótano)

A Guerra dos Mundos (versión GZ)

Hoxe atopamos unha curiosidade no blog de A Regueifa Plataforma, que temos q compartir con todos. Trátase do clásico de HG Wells, que fora adaptado por Orson Wells, e que adaptou para a radio Orson Welles aterrorizando a todoa a poboación en 1938, e que agora ten a súa versión galega. A Guerra dos Mundos foi adaptada polos alumnos do Ciclo de Producción Audiovisual de Ourense, e por suposto, os invasores do espacio atacan desta vez a cidade das burgas.

Tedes toda a info nesta entrada:

e o audio aquí:


Venres 28: FREE CODE DjSession (feat. Paco Charlín)

E xa vos adiantamos que o seguinte Venres, día 28 de maio non vos deberiades perder unha sesión moi especial:
FREE CODE Sesión Dj
con PACO CHARLÍN volvendo ós mandos da cabina do Rif-Rock
nunha nova ocasión na que calqueira cousa pode sonar...

miércoles, 12 de mayo de 2010

Aviso Importante para esta Fin de Semana.


AVISO IMPORTANTE PARA ESTA FIN DE SEMANA:
Nesta ponte, como algún se vai de vacacións, e o resto do personal ten compromisos ineludibles, é posible que o sábado desta ponte o Rif-Rock abra as portas un pouco máis tarde do habitual, ou que ó mellor non chega a abrir, pero si pasa iso non vos preocupedes, que non será por nada grave. Ah! e o domingo abriremos, de véspera das Letras Galegas logo do concerto de Paco Charlín no Continental (e o concerto-jam session que se estivo a preparar no Rif para esa noite queda para outra ocasión, xa vos informaremos).

Así que o planing para esta ponte queda así:

VENRES 14:
Abriremos co horario habitual.

SÁBADO 15:
O Sábado teremos un grave problema de axendas tódo-los que nos encargamos do Rif-Rock, así que é posible que abramos máis tarde do normal (a iso das 2 da mañán), ou igual xa non poderemos abrir o locar ese día. Ata ese mesmo día non saberemos que facer, así q disculpade as molestias. Pero podedes botar un ollo de vez en cando para comprobar se está aberto!!!

DOMINGO 16:
Voltamos das vacacións e estaremos co horario habitual de véspera de festivo, para liar a noite logo do concerto de Paco Charlín do Continental.

Disculpade as molestias para ós que lle altere o sábado, e polo demáis q desfrutedes desta ponte das Letra Galegas!!!

Venres 14: 7 Premios Ramón Cabanillas

Este Venres 14 celébrase o acto de entrega do
7º Premio Ramón Cabanillas outorgado polos libreiros de Cambados.
Este ano o homenaxeado é Miguel Anxo Fernández.
Non vos perdades a gala no Auditorio de A Xuventude, na que colaboran Unha Grande Chea e Chourizo Films, e q acostuma ter bastantes sorpresas...