miércoles, 5 de mayo de 2010

O album da semana: "Get on your Knees" de Reverend Beat Man

Comenzamos quentando motores para a sesión desta noite no Soul&Sombra, co álbum da semana. Reverend Beat Man comezou en 1983 a súa carreira como one-man-band (o tipo toca tódo-los instrumentos e canta o mesmo tempo, tedes a outro grande do xénero, Bloodshot Billy neste mesmo blog) pero en contadas ocasións precisa dunha banda de acompañamento para poder realiza-lo seu traballo. Esta é unha desas poucas ocasións, xunto con The Un-Believers (banda coa que habitualmente colaboraba), e por suposto o resultado é espectacular. Aquí tedes ó predicador do primitive rawk'n'roll!!!

REVEREND BEAT MAN
& THE UN-BELIEVERS
"Get On Your Knees"
(Voodoo Rhythm Recs, 2007)


descargádeo no blog Marmotta Rammler:

No hay comentarios: