martes, 2 de noviembre de 2010

"She Demons" Serie-B de culto en Mondo RifPOP!

Logo de varias curtas tiñamos q escoller unha longametraxe ben freak para comezar o mes... Así que imos cunha terrorífica cinta de 1958, tamén pretende ser de terror, pero realmente pasou á historia por sé-la ruína económica ou profesional de varios dos seus participantes, así como ser un ambiguo exemplo desa dubidosa liña que separa as obras de culto (q non obras mestras) do grupo das peores cintas da historia.
Hoxe, en Mondo RifPOP...
She Demons!
(1958, Richard E. Cunha)

En realidade é unha desas pelis que rivaliza con Plan 9 from the Outer Space de Ed Wood Jr (do mesmo ano 1958) como a peor pelicula da historia (un ranking q sabemos que é falso, posto que só entran aquí as cintas relevantes). Pero o certo é q era outra época, o momento dourado da ciencia ficción de baixo presuposto, do que podemos sacar auténticas xoias do xénero, e outras, realmente encantadoras pero terriblemente inquedantes.  
Terrible dende o seu cartel
de presentación...
Era unha época no que o terror estaba dominado polos seres que chegaban do espacio exterior, polas mutacións atómicas, e a inxeñería xenética de cando os homes xogaban a ser deuses, das expedicións ó descoñecido, sexa neste ou noutros mundos e os desastres naturais, pero tamén había espacio polo eterno temor ó sobrenatural, e pouco a pouco foise incluíndo no xénero a temática do inimigo común, fose soviético no marco da guerra fría, ou de malvados doutores nazis que escaparan ó proceso de Nuremberg, que ou ben camuflados como xente corrente, ou ben agochados en paraísos aillados, seguían a desenrola-los seus terroríficos experimentos. Son imaxes que identificamos directamente cunha época, que hoxe en día vemos como inxénua, e no que realmente valoramos as solucións técnicas coas que suplían a carencia de recursos, tanto económicos como tecnolóxicos. Sen embargo o que poucas veces resulta é o de mesturar todos eses campos nunha soa película. Cecais a única saga que o consegue con gran recoñecimento sexa a que Fritz Lang fixo sobre o Dr Mabuse [ver artigo nesta mesma sección], ese é o problema de She Demons, básicamente que Cunha non era Fritz Lang. Evidente. En She Demons mestúrase todo o anterior (bueno menos os soviéticos) con pretensións de filme total, no que ademáis hai música, danza, maquillaxe, e super-estrellas.

O director Richard E. Cunha foi un deses clásicos do cinema de serie b de finais dos 50 e comezos dos 60, do que xa dixemos que tamén rivalizou con Ed Wood Jr coma peor director da historia do cimena, pero isto, nos dous casos débese a unha falta de complexos que os fixeron únicos. Cunha pasou de ser director de fotografía en numerosos proxectos do xénero a converterse en directo, atreveuse incluso con catro filmes nese mesmo ano: She demonsA Filla de Frankenstein Giant from the Unknown, e Misil a la Luna. Esta última cecais a máis a coñecida da súa filmografía e considerada por moitos como a perfecta peli mala.

Irish McCalla nunha imaxe publicitaria
da serie Sheena en 1955.
Pero para a que nos ocupa contou ademáis cunha superestrela do momento. Irish McCallan, era unha famosa modelo, pin-up estrela de centos de publicacións dos USA, e que a mediados dos 50 se fixera en estrela popular ó sé-la protagonista da exitosa serie de TV Sheena, The Queen of the Jungle (serie de 26 episodios emitidos entre 1955 e 1956, baseada nos comics de Will Eisner e  Jerry Iger que se publicaron sen interrupción entre 19367 e 1953), pero sen embargo, She Demons sentenciou para sempre a súa carreira no cinema!!! Participou en media ducia de películas, incluso en catro despois deste desastre, sen embargo, protafonizar este filme no seu maior momento de popularidade lastrou para sempre as súas posibilidades interpretativas.
Os outros protagonistas eran fixos do xénero, coma Tod Griffin, Victor Sen Yung, Rudolph Anders e as efímeras Leni Tana e Grace Matthews, entre outros moitos. Ademáis de contar coa espectacular aparición das The Diane Nellis Dancers.

O argumento da película é de escándalo: Un comando de asalto das tropas nazis chega a unha illa do Caribe para instalar o laboratorio do Dr Karl Osler, un científico tipo Dr Mengele apodado O Carniceiro, que ten a obsesión de cambiarlle o rostro á súa fermosa muller, que quedara desfigurada nun accidente no propio laboratorio. Pero na illa habitan unha tribu de mulleres, demos, que son ailladas do reducto civilidado por unha empalizada de bambú, que só é traspada para recoller mulleres salvaxes, que encerran en gaiolas de bambú, para experimentar con elas inxertándolle células animais, mentres que á súa muller lle inxerta células das mulleres máis fermosas.
No seu aillamento, os nazis descoñecen que en 1945 rematara a IIªGM e que o Reich caira. Pero ademáis descoñecen que o volcán que coroa a illa está activo e a piques de estoupar. Para enredar máis a historia, a armada estadounidense manexa unha ampliación da súa área de prácticas de tiro con novos misiles atómicos, e curiosamente esa illa, que creen deserta, resulta se-lo punto idóneo para os exercícios. Xusto nese momento, un pequeno barco de pasaxeiros naufraga a causa dun furacán, e os pucos supervivintes chegan como náufragos á illa. Nadamáis chegar á praia son atacadas polas mulleres-demo, así que comprenderedes que ó coñecer a existencia de europeos civilizados na illa, por moi nazis que sexan, aceptan a súa acollida.
Tranquilos que o resto da película non o vo-lo vou desvelar, pero xa vos podedes imaxinar que todo se complica, con tódo-los absurdos plantexados. Os nazis deixan de ser tan bós con eles, o Dr Osler comeza a muda-los seus plans, e coñecemos que controla un misterioso mecanismo para  mudala posición xeográfica da illa, os naufragos comezan a axudar ás nativas, que resultan non ser tan víctimas como eles pensaban, cando a armada comeza as súas práctica balísticas o volcán entra en erupción. E todo isto se desata en medio de carreiras pola selva, de monstruosas mulleres desfiguradas polos experimentos de Osler (que ten un axudante que se chama Igor), e de fermosas mulleres cazadoras que cantan e bailan todo o día case desnudas ó ritmo dos seus tambores mentres agardan polas súas seguintes presas. 

Así que nun só filme de 1958 tedes todo un compendio de cine bélico, de peli de náufragos, de científicos tolos, de aventuras, de monstros, a Illa do Dr Moureu, el Jovecito Frankenstein (Fronkonstin?), fermosas mulleres bailando coma go-gós, tóda-las tempadas de Perdidos resumidas en hora e media e moito máis entretidas, e por suoposto aínda máis marciana que Plan 9 from the Outer Space!!!.

Ata aquí podería resulta-lo mellor filme da historia, de non ser pola mala elección dos actores. Irish McCalla fai de unha nena rica consentida cun servinte chinés, pero ó longo de todo o filme semella estar posando para unha sesión fotográfica na vez de actuar, pero xa dixemos que este papel puxo fin ás súas aspiracións como actriz seria. Rudolph Anders (o Dr Osler) semella totalmente borracho na maior parte das escenas, Tod Griffin (un habitual da serie Alfred Hitchcock presenta... pretende darlle ó seu papel un aire tan serio en plan personaxe de Shakespeare que resulta repulsivo, ademáis dos seus pantalóns subidos ata os sobacos e a súa sonrisa profidén... o único que se salva é o chinés Sen Yung, que borda o seu papel de servinte mentres recibe todo tipo de comentarios racistas, igual que as as tribu nativa, e Leni Tana, que interpreta á deformada muller do Dr Osler, co rostro vendado, ou con capas e capas de maquillaxe toda a película ata o final en que o descubre...

Pero que dicir das The Diane Nellis Dancers...

Todo fai supoñer que The Diane Nellis Dancers  se trataba dunha compañía de bailarinas, ou un grupo de go-gós, e pode ser, pero non atoparedes máis información sobre este suposto grupo agás a súa participación nesta pelicula, que por suposto nos ofrecen algunhas das escenas máis surrealistas e lembradas do filme, pero que sen dúbida é unha das partes que realmente pasou á historia:

Pero ademáis ten máis semellanzas coas pelis de Ed Wood Jr., posto que a falta de presuposto para determinados efectos cúbrese cun sinxelo corta e pega. Por exemplo para recrea-lo furacán toman imaxes dun furacán do ano anterior, directamente roubadas dos informativos de TV, e para ambientar a xungla tropical colle tomas descartadas de outros filmes. 
En definitiva aquí tedes unha desas obras cumio do cinema sci-fi dos anos 50. Unha peli con grandes pretensións de saída, de cine total, en plan western, no todo tiña cabida, con algunhas imaxes realmente duras para a época, e con certas aspiracións de éxito... Pero sen embargo rematou por ser un tratado de como facer unha enorme producción con catro pesos, aínda que tamén de que aínda así algunhas ideas poden sair mal. Todo un universo paralelo o deste Richard E. Cunha, un dos expoñentes deste xénero na súa vertente flamíxera (mais sobrecargado imposible), seguro que voltaremos con algunha máis das súas terribles peliculas, pero mentres tanto aquí tedes unha desas xoias que nunca deberon esquecerse. 
Tan mala que é unha obra mestra. 
[Poderedes comprobalo na seguinte entrada: She Demons!]
x RifPOPerZ.

No hay comentarios: