jueves, 2 de diciembre de 2010

Hallogallo "W*O¤"

Moito temos falado xa de Neu!, unha das miñas bandas favoritas, e aínda que todavía nos quedan algún dos seus álbumes clásicos por compartir, hoxe tráiovos o novo proxecto de Michael Rother (fundador de Kraftwerk, NEU! e Harmonia), chamado Hallogallo (titulo do primeiro tema do primeiro álbum de Neu!) e desta vez contando como compañeiros de viaxe con Aaron Mullan e Steve Shelley (Sonic Youth). Orixinalmente eran unha especie de banda de tributo das anteriores bandas de Rother, pero agora atrevéronse a grabar novos temas, son só 2 pero o resultado é impresionante, case coma si seguira con Klaus Dinger, pero sen andar a tortazos a todas horas... Aquí tedes o seu 7'':
HALLOGALLO
"W*O¤"
(Vampire Blues, 2010)

descargádeo no blog Hijos de Saturno:

No hay comentarios: