martes, 18 de enero de 2011

The Limiñanas

Como sodes uns pesados ahí vai o álbum que algúns me estiveron pedindo toda a fin de semana, q non é tan dificil de conseguir!!! (será q algún non sabe escribir).
THE LIMIÑANAS son un dúo francés (aínda que van acompañados), de Perpignan. Formáronse en 2009 e este é o seu álbum de debut, publicado no selo Trouble in Mind de Chicago, tiveron q ir lonxe eh?. No 2010 publicaron con anterioridade dous singles, "I'm Dead" e o adianto do álbum "Je ne suis pas très drogué", que xa me deixaron alucinado, pero cando me enviaron o seu debut en largo a sorpresa aínda foi maior. Cunha base do tradicional ye-yé francés, un pouco de freakbeat con moito fuzz (e algo de cacharrada xermana, para reduci-lo chauvinismo) e moita Velvet Underground, con delirios orientais. Xa vedes, o mellor do continente, o mellor das illas e o mellor do outro lado do charco cunha factura excelente. Divertidos, enigmáticos ou escuros segundo proceda. Un álbum fantástico que xa incluímos entre os mellores do 2010.


THE LIMIÑANAS "The Limiñanas"
(Trouble in Mind, 2010)


Descárgao no blog Trash Garage:

*no mesmo blog, nas entradas anteriores tedes os dous singles que The Limiñanas sacaran con este álbum: Jene suis pas très drogué, e I'm Dead.


No hay comentarios: