viernes, 18 de febrero de 2011

"England's Dreaming" de Jon Savage

Nova re-re-re-edición que chega ás miñas máns deste clásico eterno de Jon Savage. A entrega orixinal deste "England's Dreaming" data de 1991, i era un modesto encargo de un volume a un prestixioso crítico musical que tentaba resumir a década dos 70 británica a través do punk. En cada reedición, o traballo se veía ampliado con historias máis precisas e máis apéndices, ata o punto que o seu exhaustivo traballo converteuse en fio argumental de ducias de documentais. A edición definitiva data do 2002 fully updated and expanded, que transcende o universo british e percorre todo o planeta en máis de 800 páxinas... e foi o ano pasado que chegou a edición en castelán, e hoxe que chegou á miña casa...

JON SAVAGE "England's Dreaming"
(Reservoir Books - Mondadori 2010)


No hay comentarios: