miércoles, 30 de marzo de 2011

David Candy "Play Power EP" (Svenonius)

O comezo de século XXI foi un novo momento de cambio para Svenonius. Entre a separación de The Make-Up e a posta en funcionamento real de Weird War, Svenonius creou un novo persoaxe para unha nova aventura en solitario: David Candy, co que só publicou este ep no que se atreveu con todo o que antes non lle dera renda solta. Hay pop sen complexos, free-jazz, pianos minimalistas (e intimos), e nanas terroríficas (finaliza coa versión da nana de Semilla del Diablo -'Lullaby from Rosemary's Baby' de Krzysztof Komeda, pero por riba de todo é pura psycodelia, en clave folk, ou como pura incontinencia Svenonius, coma nos 19 minutos de 'Diary of a Genius'. Toda unha rareza digna de coleccionar.


DAVID CANDY (Ian Svenonius) "Play Power EP"
(Jet Set Records, 2001)



descargádeo no blog This is Fag City:


 
 

No hay comentarios: