martes, 5 de abril de 2011

Death Cab for Cutie emiten en directo...

Últimamente as grandes bandas non saben que facer para innovar co marketing. Esta vez Death Cab for Cutie sorprendennos cunha desas iniciativas curiosas que poden rematar por converterse en habitual. En medio da promoción do seu novo álbum "You are a Tourist" que sairá ó mercado a finais de maio, comezan esta noite coa grabación do videoclip do primeiro single que da título ó álbum, e todo o proceso será retransmitido en directo, esta noite dende a 1:00 da madrugada hora peninsular. Unha iniciativa curiosa, que seguro que terá moitos imitadores. [ver nova en El Pais].

Podedes seguilo todo na web http://youareatourist.com/.




No hay comentarios: