sábado, 28 de mayo de 2011

Gil Scott-Heron

Gil Scott-Heron
(1949-2011)


Onte deixounos un deses músicos malditos, un dos grandes, que ata o de agora nunca foi suficientemente recoñecido. Un dos maiores axitadores de conciencias afroamericanas, renovador do soul, pioneiro no spoken word e un dos pais do rap. Gil Scott-Heron está rodeado dunha historia delirante, o seu pai (xamaicano) foi o primeiro xogador negro en fichar polo Celtic de Glasgow, nos seus anos coma estudante adicouse á literatura, publicando dúas novelas ainda moi novo, e tras colaborar co pianista Brian Jackson decide entregarse por completo á música. A súa carreira non puido comezar mellor. O seu álbum de debut "A New Black Poet - Small Talk at 125th and Lenox" (Flying Dutchman/RCA, 1970) foi un éxito rotundo, pero resultou ser só un aviso, para "Pieces of a Man" (Flying Dutchman/RCA, 1970), que contiña algúns dos temas 

máis aclamados como 'Lady day & John Coltrane', un homenaxe a Billie Holiday e Coltrane, ou os desgarradores lamentos de un yonky en 'Home is where the hatred is', pero todos estes hits solapados pola demoledora 'The Revolution will not be Televised', todo un himno para o Black Panther Party, que xa era unha revisión da primeira toma do seu álbum de debut, que chama ó levantamento e á participación activa dos afroamericanos na loita polos seus dereitos civís, non o poderán ver pola tv, igual que hoxe.
Esta é a primeira versión, de 1970:


Ademáis do mensaxe, a rítimica dos bongos e a cadencia do poeta Scott recitando convertiron este tema no punto de partida de todo o rap que veu despois, sobre todo dende a seguinte versión de 1971, con banda completa e cunha sección rítmica que quedou para a historia, algo que sen embargo eses bastardos hiphoperos nunca agradeceron. Continuou a súa carreira un tanto irregular ata o seu superéxito 'The Bottle' (do seu álbum "Secrets" de 1978, moito máis pop). A súa carreira foi decaendo, ata o punto que rematou por ser aclamado no Reino Unido i Europa (donde din que só ían a velo a xuventude branca) mentres nos USA foi prácticamente esquecido coma unha das grandes figuras que foi. En 2010 publicou un novo álbum tras 16 anos "I'm New Here". Morreu onte (27 de maio de 2011) no viaxe de volta de Europa ós USA. Levaba 20 anos enfermo de sida.

Grande Scott-Heron!!!!

No hay comentarios: