miércoles, 29 de junio de 2011

The Movements "Follow The Movements"

A banda sueca The Movements conmemoran os seus primeiros dez anos de existencia con este discazo "Follow the Movements". Contén 6 temas novos na cara a, bueno 4 son realmente novos, e dous máis son anteriores pero seguían inéditos, e na cara b completan o vinilo incluíndo o seu primeiro ep "Drag Me Up" do 2004, de cando aínda se chamaban The Lost Movements. Un disco novo no que ademáis podedes ve-la súa evolución, dende os seus comezos influenciados polos Stranglers e os 13th Floor Elevators e todo o revival garagero dos anos 80, ata os seus temas actuais, cos que The Movements se están a converter nun referente polo seu xeito de transgredi-lo purismo do garage 60's dende a máis absoluta devoción, como en 'The Confession' ou a máis escura 'Vicious and Vast'.

THE MOVEMENTS "Follow The Movements"
(Teen Sound Recs./Misty Lane, 2011)

faite con Follow The Movements no blog Nosotros somos los Muertos:
*na mesma entrada tedes tódo-los seus álbumes e uns cantos eps, aproveitade.


No hay comentarios: