martes, 30 de agosto de 2011

Los Borbones "Sé Mongol y no mires con quién"

Unha das cousas boas que ten a lamentable programación televisiva de tódo-los vráns é que repiten e repiten a maioría dos programas que normalmente botan a horas inhóspitas (cada un ten as súas) durante todo o ano, e concentrado en mes e medio... 

Nestes días voltaron repetir un programa Nube de Tags de La 2 (creo que de finais do ano pasado) no que sae o enorme Fela Borbone, mostrando a súa casa-taller, e o seu último invento como solista, tra-la desaparición de Los Bor-bones e Ulan Bator Trio, o 'Mierdofón', co que seguirá sendo por moitos anos (por se alguén o dudaba) o rei do underground das españas, ou como rezaba o lema da súa familia: Los Borbones, Los Reyes de la Basura. Igual moitos non o coñeciades de antes, pero era o propietario de Confecciones Drácula, e organizador do festival Funtastic Dracula Carnival (en Valencia primeiro e Benidorm despois) do que gracias a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre sempre tiñamos os carteles, flyers e programas no local... seguro que iso xa vos sona máis...

Se xa coñecíades ó señor Borbone seguro que vos soubo a pouco, e se queredes saber máis da súa historia aquí tedes o tremendo documental do 2006 "Sé Mongol y no Mires con quién" dirixido por Pilar Velázquez y Anaiss Bartual, xa cousa seria, que foi premiado na cuarta edición do festival Beefeater In-Edit (Barcelona International Music Documentary Film Festival) un repaso en 45 minutos pola increíble historia destes asturianos afincados en Valencia... non vo-lo deberiades perder!!! (e nas próximas entradas, máis universo Borbone!)



"Sé Mongol y no mires con quién. Los Borbones, el documental"
2006: Pilar Velázquez y Anaiss Bartual
documental


Ah! e xa se me olvidaba, aquí tedes a Fela Borbone en TVE2 ensinándono-la súa casa e presentándonos o Mierdofón...


No hay comentarios: