miércoles, 10 de agosto de 2011

"Newermind"

Xa hai tempo que quería compartir este álbum, pero ata hoxe que o lembrei. En setembro cúmprense 20 anos do lanzamento de "Nevermind" de Nirvana, a maioría de revistas e mags do mes que ven terán o asunto en portada e algunhas xa o cubriron nos habituais números de verán. Pero a estadounidense Spin acompaña o seu número especial adicado a tal conmemoración cun álbum tributo, no que encargan a trece bandas versionar cada un dos temas do 'Nevermind', o resultado é "Newermind" coa curiosa intervención dos Meat Puppets e The Vaselines, xunto con Midnight Juggernauts, Surfer Blood ou Telekinesis. Eclécticismo total, que tampouco é para botar foguetes, pero seguro que a moitos vos interesa. Podedes descargalo gratuítamente dende a web de Spin, ou dende o seu facebook, só tedes que dar unha dirección de email para que vos envíen o enlace.

V.A. "Newermind (Spin tributes to Nirvana's Nevermind)"
(Spin Magazine, 2011)



No hay comentarios: