viernes, 26 de agosto de 2011

Telephones Rouges "Radio Control EP"

Xa había tempo que tiña pendiente compartir este "Radio Control" dos Telephones Rouges. A maioría xa os coñeceredes, pero por si acaso... son de Ogrobe, i este é o seu terceiro traballo (despois de "Liberté, la nuit" en For Noise's Sake no 2008 e "Telephones Rouges" autoeditado no 2008), e desta vez xa con máis recursos, grabado nos estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero a finais do ano pasado, pero mantendo o seu do it yourself 100%. Por fin foi editado este ano, nun vinilo 10'' polo selo barcelonés Mama Vinyla Records. "Radio Control" son cinco temas, que como ben os describe en LaFonoteca.netsu concepción del ruido es anárquica, no tiene ningún sentido ni ninguna forma preconcebida, aunque en sus desarrollos podamos apreciar retazos noise, garage, kraut o punk... o que eu engadiría moito Sonic Youth e Big Black, pero con moito máis descaro ca eles. E hai xa un par de meses que teñen o video clip de "Helio" o temazo que abre o disco, dirixido por Javi Camino (director e guionista de Maldito Bastardo -ver Despregable nº20- e de outros clips recentes coma o de 'Nuestra fé en el veneno' dos Franc3s).
Eu merqueino esta semana por 8€ de nada, e alomenos en Santiago o atoparedes en tóda-las tendas, así que non o deixedes pasar. Senón por suposto tamén podedes descargalo freeeeee no seu bandcamp... 

TELEPHONES ROUGES "Radio Control EP"
(TR, 2010 / Mama Vinyla Records, 2011)




No hay comentarios: