jueves, 11 de agosto de 2011

Warsaw "Warsaw"

O clásico desta semana non debería precisar de moitas presentacións, pero por se acaso, Warsaw foron os comezos de Joy Division, ou non, os mesmos Joy Division antes do "Unknown Pleasures". Warsaw grabaron un disco en 1978, pero segundo a lenda os membros da banda rexeitaron a súa publicación por estar en desacordo coa posproducción que se fixera sen o seu consentimento, segundo outros xa se chamaban naquel entonces Joy Division, e titularían "Warsaw" o seu primeiro álbum, tal e como se chamaban ó comezo, a min gústame máis a primeira, i en calqueira caso nunca veu a luz por que Ian Curtis e compañía non quixeron... moitos deberían aprender. Logo moitos daqueles 11 temas verían a luz nos dous álbumes dos Joy Division, aquí xa estaban 'Transmission', 'Shadowplay' ou 'Interzone' pero moito máis sinxelos e punk. O resto deses temas se foron incluíndo como sesións de grabación para completar un ou outro recopilatorio da banda, pero non foi ata 1994 que se publicou, pero a medio camiño entre o que a banda e os productores querían, foi no 2007 cando se recuperaron as mesturas que convencía a Curtis e compañia, e publicouse tal e como fora grabado realmente pola banda, incluíndo iso sí os catro temas dos EP "An Ideal for Living", ademáis do tema 'As you said' xa de 1980 e que fora a cara b do single "Komakino", ademáis da demo nunca publicada (en edición oficial) do tema 'Warsaw'... unha auténtica xoia. 
Acabo de poñelo en vinilo, que merquei esta mañan, e soa de vicio!!! 
Non entendo porqué aínda non o tiña na colección!!!

WARSAW "Warsaw (+ bonus tracks)"
(Intermusic/DMM Cutting, 2007. Orix: 1978)


facédevos con el no blog Rarities-Bootlegs-Promos:


No hay comentarios: