jueves, 29 de septiembre de 2011

entrevista a The Allnight Workers.

Despois do concerto de onte na Sala Capitol dos Allnight Workers, compartindo cartel con JC Brooks na xornada inaugural do Outono Capitol Rock Festival, recuperei esta entrevista que estaba preparada para publicar no último número do Fanzine Despregable que ía ver a luz antes do nadal, pero como moitos xa sabedes, este ainda non se publicou, non desesperedes que igual algún destes meses levades unha sorpresa... A estas alturas do 2011 The Allnight Workers xa están rematando os temas do que será o seu novo álbum, e xa teñen data para a gravación, novamente en Berlín con Cherry Casino, así que próximamente más r'n'b!!!. 
Pero mentres, aquí vos deixo esta reportaxe que fixo o noso enviado especial Michi Calambres, cando entrevistou á banda The Allnight Workers xusto á súa volta da grabación do álbum "This only Happens Once" en Berlín, e antes da súa publicación en decembro de 2010... Aquí a tedes:

THE ALLNIGHT WORKERS 
Esto solo pasa unha vez...
Por MICHI CALAMBRES.

Axeitado ven sendo o título do seu novo disco. É sen dúbida unha sorte para algúns que haxa unha banda que nos dea cancións de tan alta composición e calidade, e quen non mo crea só ten que escoitar por exemplo “Brown New Shoes”, “Coal Miner” ou “Lefty Brown” para darse conta de que non falamos dunha banda calquera. 

Os Allnight Workers aparecen nun momento no que a música cada vez é máis aburrida e as grabacións son cada vez máis artificiais. Fan oídos sordos ás modas e teñen moi claro o que queren e o porqué o fan. Para empezar pese a súa xuventude rexistran un estilo non usual como é o R&B, no que tamén hai reminiscencias swim, gospel ou jazz gracias un omnipresente saxofón. O seguinte paso é viaxar ata a Berlín aos estudios Lightning Recorders na búsqueda dun sonido que se acerque o máis posible o que buscan 

O seu sonido é puro, completamente analóxico, sen engandidos nin doblaxes, directo, sinxelo e auténtico, posible únicamente se se recolle con tódolos músicos tocando á vez. Pero eles non intentan imitar os ingleses que a mediados dos anos sesenta lles intentaron mostrar ós blancos americanos ó que os seus negros facían, senon que eles recollen directamente esa música feita polos negros nos anos 40 e 50 cando a música era pura diversión e o R&B se mezclaba no que podía co gospel. (e o jazz comezaba a mezclarse co R&B). 


Os seus compoñentes son ben coñecidos nos bares do xénero: Néstor Pardo e Roi Fontoira -ambos guitarra e voz- son membros das bandas máis importantes de garage e rockabilly de Galicia, os Loveless Cousins e os Phantom Keys respectivamente. Acompáñanos os irmáns López -Jorge ó baixo e Martín á batería- dos lilainos Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e Santi González saxo, dos Honky-Tonkin Boozers da Coruña. Veñen de grabar o que xa é o seu primeiro disco nos estudios Lightning Recorders de Berlín grabado e producido por Cherry Casino en tan só unha mañá. Quedamos con eles no seu local de ensaio en Simes para que nos conten os comos e os porqués:

1. Os Allnigth Workers facedes R&B despois de máis de sesenta anos de que esta música enchera as listas Billboard e sodes capaces de transportarnos a esa época que evocades. Cómo o conseguides? 
Pois a verdade é que nós simplemente recollemos as influencias desa época: o xeito de tocar, os instrumentos, o equipo, e quizais tamén un pouco a imaxen, pero o principal é a música. Intentamos utilizar as estructuras das cancións que se facían nesa época: R&B, blues un pouco de swim... música xa feita. 

2. Ti Roi foches o que tivo a idea de formar a banda. Sentías a necedidade de creala para poder liberar toda a túa creatividade como músico e cantante? Qué me podes contar de todo este tempo? 
En primeiro momento sí, fun eu o que tivo a idea, pero bueno, a banda neste momento é outra diferente xa que houbo varias formacións con diferentes altas e baixas. Despois se uniu Néstor co que xa tocaba hai tempo os dous sós e ambos tiñamos ganas de facer algo xuntos, xa que él fai mogollón de temas e había coincidencia nos gustos. 

"This only Happens Once" dos AllNight Workers foi publicado
polo selo Grabaciones de Impacto (15 dec.2010)
3. Vides recentemente de grabar o que será o voso primeiro disco. Qué foi o que vos levou ir gravar a Berlín, e contádeme un pouco como foi o proceso de grabación? Qué tal vos entendichedes con Cherry Casino? 
O de ir a Berlín foi porque buscábamos un estudio no que poidéramos sonar tal e como sonan os grupos de R&B de finais dos 50 e jump blues. Escoitamos o grupo de Cherry Casino e era xusto o que queríamos, máis que sonar antigo, que sone como realmente ten que sonar, directo e non moi producido. 
Grabamos nunha mañá, en directo e tal e como se facía antigamente. Nun grabador Telefunken de dúas pistas onde se facía a masterización en directo polo que non hai postproducción algunha. 
Cherry Casino é moi profesional e o ambiente era moi agradable. Pillou ó momento o concepto tras facer un par de probas para ecualizar e tal. Non nos escoitara antes é só sabía que facíamos R&B, pero poidemos ver como se lle iba poñendo unha sonrisa na cara o longo da grabación e por suposto a nós tamén! 

4. O disco edítase únicamente en vinilo gracias a idiosincrasia de Raúl, dono de Grabaciones de Impacto. Foi difícil convencelo para que vos editara? 
Non, a verdade é que non, é amigo noso e saiu directamente del. Veu a un par de ensaios xa coa intención de editarnos porque estaba buscando bandas para o seu selo, que ata agora só ten dúas referencias, ambas australianas, e encaixamos perfectamente no perfil que buscaba. Tanto é así que veu con nós a Berlín de roadmanager. 

5. A publicación é inminente, estades contentos co resultado tanto a nivel musical como estético? Cantas copias se editarán? 
Estamos moi contentos, todo perfecto! Serán 500 copias, en principio íbamos sacar un 10” pero o final vai ser un 12” por cuestión de minutaxe para que sonara menos comprimido, máis alto e directo. 
Inclúe un poster e unha tarxeta para baixalo en Mp3 e poder descargalo nun cd, no Ipod ou onde queras. 
E do diseño encárgouse Lluis Fuzzhound un ilustrador valenciano que está vivindo en Australia. Propusémoslle facer un debuxo rollo modernista en plan Pantera Rosa ou así e quedou moi ben, pese a non coñecernos... moi divertido! 

Poster do ilustrador Lluis Fuzzhound para The Allight Workers.
6. Roi e Néstor sodes os compositores das cancións. Cómo vos repartides a hora de compoñer e de cantar? Cada un canta a súa canción ou hai algún caso no que se fai a canción pensando para que a cante o outro? 
Por agora non se deu ese caso, pero seguramente pase. Ata o momento a maioría son cancións que xa tiñamos feitas de antes cando tocábamos xuntos Néstor e máis eu (Roi), e outras que cada un tiña feito por separado. O que facemos tamén e que igual fai un a música e o outro lle pon a letra. 

7. Incluides no disco temas principalmente vosos que pese a ser feitos agora non desentonan nada coas versións incluso para a miña opinión as superan, qué me podedes dicir destas últimas? En qué artistas vos fixades? 
Sí, son case mitade nosas e mitade versións, pero non son versións propiamente ditas senón que son adaptacións, xa que non se parecen moito as orixinais; as facemos cunha estructura de blues ó noso aire coa letra orixinal. Fixámonos na forma de tocar de todos eses anos, no swim no jump blues, dende os anos 30 a finais dos 50 e principios dos 60, o jazz cando se comeza a mesturar co blues e o R&B... todo iso. 

Nestor, Roi e Jorge en plena gravación nos estudios
Lightning Recorders de Berlin.
8. Sei que vivides un pouco distanciados un dos outros pero, supón un problema para vós as distancias? 
Non se ten convertido en tanta trava por agora, sabemos de casos peores. Ensaiamos normalmente máis da metade da banda e despois ven Néstor dende Madrid bastante a menudo; e a Santi non lle supón ningún problema a falta de ensaio. Non hai a verdade problema niso, non ensaiamos a diario, pero bueno, se tes ganas de facer isto, móveste. 

9. Xa tocástedes no XiriaPop de Carballo e o ides facer dentro de nada no Purple Weekend de León. Tendo en conta isto e sabendo que non son dous festivais do voso estilo, cómo foi a resposta da xente e en que festivais e con quén vos faría realmente ilusión tocar? 
Tocar nos gustaría tocar en calquera festival, non queremos tampouco tocar só en festivais dun estilo, queremos escapar diso. Néstor toca en festivais de rockabilly e 50´s, e eu (Roi) en festivais rollo mod e sesentero, e estamos con ganas de tocar noutros sitios porque estamos como encasillados. Imos a onde nos chamen, como si nos chaman para as festas dunha vila, ou nos chaman para festivais de blues, de jazz, rocknroll ou sesentero xa que é un estilo que cremos que encaixa en todos estos festivais. 

10. Sí, eu tamén creo que podedes gustar a moito tipo de xente; incluso chegades a tocar nas bodas... contádeme un pouco como foi? 
Bueno ese foi realmente o noso primeiro bolo e a verdade que foi unha experiencia bastante surrealista. Foi a boda do irmán de Raúl e estaban buscando unha banda. Tocamos primeiro na cerimonia uns cancións máis tanquilas que nos pediran e tanto lles gustamos que acabamos tocando na festa da boda despois da cena xa as nosas cancións, e polo que parece a xente lle gustou moito, así que temos aberta contratación para este tipo de eventos, jeje..! 

11. Vivimos nun tempo no que, salvo contadas excepcións, o que triunfa é aburrido, é dicir, perdeuse a esencia da música feita para ser bailada e para olvidar a monotonía da semana. Non credes que hai moitos grupos con moita calidade que están infravalorados? Pensades que tedes cabida en todo esto? 
Sí, de feito parece que estes últimos anos está de moda un pouco o rollo soul e de baile e parece que hai uns aires nos que se busca o antigo, a música negra e todo isto, pero son excepcións, son contadas; pero bueno, a actualidade musical... está claro que hai moitísimos grupos infravalorados, a proba é que non se pode vivir da música tocando estos estilos. 

12. E xa pra terminar, qué planes tedes a curto e medio prazo? 
O Purple Weekend o primeiro, promocionar o disco, e buscar concertos. Temos cousas semipechadas para Xaneiro e Febreiro, pero tampouco moitas. Temos que darnos a coñecer entre as salas e a xente que organiza cousas para poder tocar e así vendelo disco, que de todos modos está a venda en www.grabacionesdeimpacto.com e polo que parece temos xa peticións hasta dende Australia!

Queremos tamén sacar novas cancións para poder grabar pronto, xa que este disco fíxose con cancións que xa tiñamos por ahí pero non o fixemos dende cero todos xuntos.

Por MICHI CALAMBRES (outono 2010)


Seguide toda a información dos Allnight Workers no seu myspace,  no seu facebook 

No hay comentarios: