martes, 11 de octubre de 2011

"Hush" Vs...

Xa había tempo que non comezábamos a semana cunha entrega do noso VS. Desta vez o protagonista é o tema "Hush" que todos estades fartos de coñecer, de corear e de ter bailado... aínda que moitos da miña xeración, pouco dados a ler, sigan pensando que é de Kula Shaker...

"Hush" foi composto por Joe South, un músico polifacético que mesmo facía de músico de estudio para Bob Dylan, como ía de xira con Aretha Franklin, e sobre todo compositor para outros moitos, sobre todo nos seus inicios para Gene Vincent ou The Osmonds. En 1967 compuxo "Hush" para Billy Joe Royal, que a publicou como single (7'', Columbia 1967) con unha particular aposta por mesturar arranxos folkies e soul...



Por suposto Joe South tamén grabou este tema, publicándoo anos despois cun perfil máis softrock...




"Hush" foi todo un éxito inmediato, e o ano seguinte numerosas bandas o incluíron nos seus traballos. Os máis famosos e quenes realmente converteron este tema en universal foron Deep Purple, que incluíron unha versión de 'Hush' no seu primeiro álbum "The Shades of Deep Purple" (Parlophone, 1967) e que ademáis foi o seu primeiro single, todo un éxito en UK e chegando ó numero 4 das listas de ventas nos USA... 




Todo un éxito que multiplicaría os covers do tema. Ese mesmo ano de 1968, Donnie Brooks, o australiano Russell Morris e outros moitos buscaron o éxito incluíndo 'Hush' nos seus repertorios




E como outras veces temos contado, o tema cambiou de idioma, os italianos I Colours ou Giuliano Girardi fixeron o seu 'Hush' tamén en 1968:


Pero sen dúbida a mellor adaptación feita noutro idioma é a do incombustible francés Johnny Hallyday, tamén en 1968 incluído no álbum "Jeune Homme" (Philips, 1968) que en francés converteuse en 'Mal':



E chegamos ó mellor do post, todavía en 1968, cando Los Tamara (sí, os de Noia) con Prudencio Romo e Pucho Boedo á fronte lanzaron este impresionante 7 pulgadas' "Soul People/Hutsch (Mal)" (Zafiro, 1968) unha das xoias do freakbeat ibérico... que recollían de Billy Hallyday, e transformando o título en Hutsch, supoño que para non ter problemas coa censura. Aquí o tedes impresionante...



No hay comentarios: