jueves, 3 de noviembre de 2011

"Bring me the head of Ubu Roi" dos Pere Ubu.

Os que seguides este blog xa sabedes que os PERE UBU de David Thomas é unha das miñas bandas favoritas, unha das miñas grandes debilidades, así que aforramos presentacións. O feito é que dende o 1975 no que se fundaron tra-la disolución dos Rocket from the Tombs, tentaron obtelos dereitos para representa-la súa adaptación da obra teatral que da sentido a toda a súa carreira, o Ubu Roi de Alfred Jarry (de 1896). E non o conseguiron ata hai un par de anos, cando por fin no 2008 conseguiron representa-lo "Bring me the head of Ubu Roi" no Queen Elizabeth Hall do Southbank Centre de Londres. E que logo convertiron en producción audiovisual, en emisións de radio, e por suposto finalmente no seu último álbum "Long Life Père Ubu" (Cooking Vynil, 2009), que atoparedes neste blog.



No hay comentarios: