sábado, 28 de enero de 2012

sesións singles2011

Co recente peche de megaupload, quedáronse no limbo a maior parte das nosas sesións, non sei se algún día nos poñeremos a recupera-las todas, pero alomenos voltamos subir as sesións do que van deste ano, tóda-las entregas dos Singles2011 (a primeira sesión do ano de Marinocha tamén ten novo enlace). Así que ahí van, resubidas ó mediafire, e tamén nas entradas correspondentes modificamos os enlaces:

Singles2011 
Selección de Munstaphà.
[entrada orixinal]
Esta é a selección de Munstaphá para a sesión do pasado día 14. Son 40 temas en dous volumes co mellor do 2011, ou si preferides, algo así como os temas do ano pasado que máis veces sonaron no Rif-Rock.
E aquí tedes os novos enlaces:


Singles2011 
Selección de Kurco SoundSystem.
Esta é a selección de Kurco do 2011, en tres volumes, que por suposto son moito máis amplos do que tivo oportunidade de poñer o pasado día 14, pero esta é a súa visión completa co mellor do ano pasado. 
Aquí tedes os novos enlaces:


GZ Canibal 2011 
Seleccionado por Munstphà.
E por último aquí tedes a separata co mellor do 2011 na nosa querida GZ Canibal!!! o volume máis esperado que moitos non tivéchedes tempo aínda de descargar, todo extraído da mesma sesión do día 14... algúns quedaron atrás, pero aquí tedes a 16 bandas tremendas!!!
Este é o novo enlace:


Ven, pois a ver agora canto duran ahí aloxadas...



No hay comentarios: