miércoles, 29 de febrero de 2012

GZ Canibal en La Voz en Color



Onte no programa La Voz en Color de Radio Imagono (Aranjuez) atrevéronse a adica-la súa entrega semanal ó Galician Bizarre, ou alomenos por ahí comezaron. Via Alberto Domin pedíron colaboración ó Rif-Rock para completar con máis materia prima e ahí lles enviamos unha boa mostra máis alá... e aquí tede-lo resultado, unha hora no que os tres conductores de todo esto se pelexan con nomes e as latitudes (máis ben lonxitudes), pero creo que se nota que o pasaron bastante ben facendo o programa, e este é o resultado: Mariscada en el Garage, para o que finalmente escolleron a Novedades Carminha, Samesugas, Metralletas Lecheras, Los justicieros, Cudevaso, Combo Dinamo, Blows, Los hijos bastardos de Peter Lorre, The Phantom Keys, The Allnight Workers e Jimenez Los Santos. Agora a ver que vos parece a vós... descargade o podcast aquí.

Seguide as entregas semanais de La Voz en Color no seu blog, e facebook
E moitas gracias por contar con nós para completalo, e sobre todo polos halagos, para nós foi un pracer!!!

martes, 28 de febrero de 2012

50 anos dos cassettes

Unha semana coma esta de hai 50 anos (día arriba dia abaixo) creouse nos laboratorios Philips o Cassette Compacto de tamaño reducido e con cabezal electromagnético, unha pasada de revolución técnica!!! os casestes de toda a vida vamos, aínda que non se comercializaron ata o 63.
A min seguen a parecerme eternos, e non os tiredes que todo volve!!!

E o que me comente no facebook que día foi a última vez que fixemos unha sesión en k7 leva unha copa...

sábado, 25 de febrero de 2012

MC5 "Kick Out the Jams"

Este álbum xa o compartimos hai anos, pero despois da sesión de onte, hai que recuperalo por que dende logo acabou por soar completo na sesión Live! Cuts. "Kick Out the Jams" foi o debut dos xeniais MC5 en 1969, todo un atrevimento debutar cun álbum en vivo, co paso dos anos se vai gañando peso entre os mellores álbumes en directo da historia, se ben non o foi dende o principio por que os bultos-puretas da revista Rolling Stone nunca se destacaron por estar moi ó día... e tardaron moitos anos en apreciar o traballo de Wayne Kramer e Rob Tyner, demasiado nervio e pouco glamour supoño... pero ahí sigue estando este Kick out the jams, grabado a finais de outubro de 1968 na súa Detroit natal, e que inclúe covers de Sun Ra e John Lee Hocker (a incendiaria 'Motor City is Burning'), ademáis da enorme 'I want you right now', pero sobre todo polémico polo seu inicio, con 'Ramblin' Rose' seguido do comezo demoledor de 'Kick Out the Jams', con ese grito de guerra de Rob Tyner ...and right now it's time to... KICK OUT THE JAMS, MOTHERFUCKERS! Onte dende logo gañou por unanimidade.

MC5 "Kick out the Jams"
(Elektra, 1969)


faite con el no blog Los Postergados.

martes, 21 de febrero de 2012

Este venres... Live! Cuts: The Who.

needs more cowbell...

Nesta semana que só se fala de entroido, tamén houbo outro pase privado dos Muerte por Cowbell, xa sabedes, próximamente... un tributo a Zappa en directo, e eu que estiven alí pódovos dicir que vai soando!!!

viernes, 17 de febrero de 2012

Entroido 2012 RifRocKerZ!!

Bauhaus "Mask"

Aínda que todo o mundo o cree, Bauhaus non foron a primeira banda de rock gótico da historia, pero bastoulles un só single para ensinarlle ós demáis como se facía. Bela Lugosi's Dead (Small Wonder, 1979) segue a ser moitas décadas despois o culmen insuperable de un estilo, pero o mito dos Bauhaus non se construíu só por unha canción. O seu primeiro lp "In the Flat Field" (4AD, 1980) asentou os parámetros dun estilo que xa nunca cambiarían, e levounos ó éxito, pero o seu inconformismo impediulles quedarse ahí. Hoxe en realidade quero comentar a súa mellor mascarada, o seu segundo álbum, "Mask" (4AD, 1981), seguramente a súa obra de maior calidade, donde a oscuridade non era o fin, senón unha vía máis de experimentación. De feito todo o rítmico —e o arrítmico—, domina o disco sobre a densidade, aínda que a suma de todo volva a se-la paranoia e o terror, agora incluso máis que nunca, polo modo desconcertante de artella-lo conxunto e cada tema en particular, incluso máis naqueles básicamente acústicos. Pero sen embargo podermos enunciar tres que van encadenadas: Kick in the Eye, In Fear of Fear e Muscle in Plastic como tres dos mellores temas da era do post-punk, pasando totalmente das etiquetas escuras, góticas e demáis bobadas, e seguramente teñen a rítmica máis copiada (plaxiada) da época. Puro baile, cabreado e desconcertante, perfecto para comezar este entroido.

BAUHAUS "Mask"
(4AD, 1981)


faite con Mask en The Marble Index.


jueves, 16 de febrero de 2012

Click Cambados

Hai un par de semanas naceu en Cambados a asociación cultural Click Cambados, adicada á fotografía, fundada por Iago Pillado, Claudia Silva e o noso intrépido fotógrafo Marcos Escudeiro, Quinhos, do que atoparedes moitos dos seus vellos traballos en varios números do fanzine Despregable. Así se presentaban CKC o pasado 7 de febreiro na súa web:
CKC, aloxada polo momento en territorio tumblr e con sede en Cambados, ten como obxetivo iniciar una actividade cultural fotográfica no noso entorno, tentando promover a fotografía e outras artes cambadesas. Esperamos que vos guste e que vos unades a nós. Seredes recibidos cos brazos abertos!

Seguide as súas publicacións e activiades na súa web ClickCambados e no seu facebook e participade con eles!!!

Fume... con Lana

Hai case un ano que tiñamos esquecida a nosa sección Fume, e hoxe a recuperamos con Lana del Rey, posiblemente o último fenómeno que máis rápido pasou de se un super hype a un auténtico blufffff, a min sempre me pareceu que non servía para nada máis que como bso para unha boa sesta, pero o marxe do musical e do aburrida que me parece, hai que recoñecerlle estilazo no de fumar... aínda que de tan perfecto pode parecer totalmente falso.

martes, 14 de febrero de 2012

venres 24: Live Cuts

e despois do entroido, teremos un venres ao vivo, Live! Cuts, unha sesión cos álbumes en directo que máis nos gustan...


lunes, 13 de febrero de 2012

descarga P·Funk!

Aquí tedes unha selección de Comomepos da súa sesión do pasado Sábado, 22 cortes dun auténtico all-star do universo P-Funk!

Comomepos "P-Funk!"
(sesión Rif-Rock 11 febreiro 2012)


viernes, 10 de febrero de 2012

Sab.11: "P-Funk" con Comomepos!

Este Sábado (11 febreiro) é o turno dunha nova sesión monográfica de Comomepos, desta vez adicada ó P-FUNK, todo ese fantástico movimento  de funk espacial e pintas estrafalarias que xeraron George Clinton e compañía ó redor de Funkadelic e Parliament...


Parliament - Funkadelic live!!!


jueves, 9 de febrero de 2012

Pequeña guía del universo P-Funk.

Para todos aqueles que non teñades moi claro de qué vai o do P-Funk ó que Comomepos adicará a sesión deste sábado, ahí tedes un artigo que el mesmo recomendaba hai un par de semanas, da web Jot Down, no que Emilio de Gorgot nos destripa á perfección o universo Funkadelic-Parliament...

Pequeña guía del universo P-Funk.
(publicado por Emilio de Gorgot en Jot Down Contemporary Culture Mag)



En la historia del funk existen tres nombres básicos: James Brown —que inventó el estilo—, Sly Stone —que lo reinventó dándole nuevas formas— y George Clinton, líder de la inagotable factoría P-Funk y responsable de muchos de los grandes momentos de la música de los 70. Al timón de sus dos bandas insignia, ParliamentFunkadelic (dos grupos formados por los mismos músicos que eran como las dos caras de una misma moneda) y también en su papel como productor y mecenas de multitud de grupos menores y proyectos en solitario de sus músicos, George Clinton hizo del P-Funk una institución, uno de los pilares básicos de la música negra y una perenne influencia en un sinnúmero de bandas de funk, hip-hop y rock. Todo ello aderezado con mucho humor, un gran sentido del espectáculo y un constante caos de fiestas, drogas y descontrol.
¿Qué es el P-Funk? Es la abreviatura de Parliament-Funkadelic o, si lo preferimos, de “pure funk”. Pero además es un mundo aparte. Hablamos de calaveras gigantes que fuman porros enormes en escena; platillos volantes que aterrizan en mitad de concierto; un guitarrista que actúa vestido con unos pañales; otro guitarrista que lleva sombreros gigantes; canciones con nombres enrevesados y estúpidos; letras irreverentes repletas de alusiones a las drogas y el sexo sucio; discos de retorcimiento churrigueresco con títulos de doble sentido y mucha, mucha diversión en sus espectáculos en vivo. Estas son sólo algunas de las credenciales del universo P-Funk: una comunidad de músicos que durante la década de los setenta puso patas arriba la escena y se convirtió en el primer grupo de artistas negros cuyas giras eran capaces de llenar estadios en los Estados Unidos, sin necesidad de formar parte de ningún festival. La comunidad P-Funk estaba a medio camino entre la empresa musical y una comuna de hippies colgados: suena contradictorio, pero sólo podía ser así con un movimiento surgido por obra y gracia del inigualable George Clinton.

George Clinton: el mundo hubiese sido un poco más aburrido sin él.
Clinton había comenzado su carrera en grupos de doo-wop, pero a finales de los sesenta dejó atrás la música tradicional y empezó a interesarse por el rock de Jimi HendrixCream o Frank Zappa. Para formar su propio grupo, Clinton se había fijado en el modo que James Brown dirigía su banda, como una especie de ejército en que James era el líder. El “Padrino del Soul” ejercía como férreo dictador tanto en el aspecto musical como en el económico: controlaba completamente todo aspecto de sus giras, desde cada nota que se tocaba sobre el escenario (solía multar a los músicos que cometían errores) hasta cada pequeño gasto que se hacía en los hoteles, e imponía una disciplina militar sobre sus empleados. George Clinton pensó que aquella estructura piramidal era un acierto empresarial —no en vano James Brown fue uno de los primeros músicos en tener un jet privado— pero optó por no imitar las conductas autoritarias y dejar total libertad a los suyos tanto en el aspecto musical como en el estético y personal. Gracias a ello atrajo a su banda a varios de los antiguos empleados de James Brown, que habían abandonado al Padrino cansados de su estricta rigidez y el ambiente de constante presión laboral que suponía tocar en su banda. Nombres tan relevantes como el bajista Bootsy Collins, que había tocado en éxitos como Sex machine, el saxofonista Maceo Parker o el trombonista Fred Wesley, dejaron el grupo de James Brown y se unieron al loco proyecto de George Clinton. Bajo la batuta de Clinton encontraron un ambiente muy, muy diferente: la fiesta era continua y cada músico podía experimentar lo que le diese la gana tanto dentro como fuera del escenario. George era el líder indiscutible y realizaba multitud de funciones (componer, producir, organizar, cantar, ser el director visible y “frontman” durante los conciertos) pero no se comportaba como un tirano. A su lado los músicos podían dar rienda suelta a su creatividad; eso terminó dándole al P-Funk un sonido único.
Cuando hubo imitado —a su manera— la estructura empresarial de James Brown, George Clinton comenzó a albergar mayores ambiciones. Quería llevar las giras de P-Funk a los grandes estadios, como hacían algunas bandas de rock. El creciente éxito de los discos de Parliament y Funkadelic le permitió empezar a invertir más dinero en escenografía. Por ejemplo, encargó un platillo volante (la Mothership) que aparecía en mitad de concierto y aterrizaba sobre el escenario; de ella salía el Dr. Funkenstein, uno de los varios personajes que George interpretaba en directo. Estos espectaculares números escénicos atrajeron multitudes a sus conciertos y Clinton consiguió su objetivo de tocar en estadios, realizando algunas giras muy espectaculares (es absolutamente recomendable, por no decir imprescindible, el DVD Parliament Funkadelic: The Mothership Connection que nos permite revivir parte de aquella locura. Contiene la filmación de un apoteósico concierto celebrado en 1976 y es una absoluta maravilla).
La música de Parliament Funkadelic era una festiva combinación de funk y rock en la que había sitio para todo: desde los ritmos juguetones de Give up the funk Do that stuff hasta los fraseos rockeros de Standind on the verge of getting it on o Alice in my fantasies (cuyo riff de guitarra, por cierto, se apropiaron Rage against the machinepara modelar su estilo muchos años más tarde). Las canciones festivas con nombres laberínticos se convirtieron en una marca de la casa: algunos de sus temas tenían títulos tan estrafalarios comoSupergroovalisticprosifunkstication, Sir Nose D’Voidoffunk (Pay Attention- B3M), o Aqua Boogie [A Psychoalphadiscobetabioaquadoloop]. El humor y el aire desenfadado eran un ingrediente básico de sus discos y conciertos, aunque sus canciones también podían contener mensajes sociales y políticos. El mundillo P-Funk se convirtió en el fenómeno más surrealista de la industria musical. Justo cuando la “música disco” —estilo que George Clinton detestó profundamente en su día— estaba en su apogeo, el P-Funk contraatacó editando numerosos discos cada año e inundando el mercado con grabaciones de Parliament,  Funkadelic y de muchos de sus miembros en solitario o agrupados en otras formaciones secundarias. La hiperactividad de Clinton y los suyos durante aquellos años dejó un legado impresionante: en menos de una década, los músicos de P-Funk publicaron, literalmente, decenas de discos.

Tres momentos clásicos: la Mothership aterrizando en el escenario, el Dr. Funkenstein saliendo de la nave y la calavera gigante que fuma marihuana.
Desgraciadamente, la elevada inversión que George Clinton necesitaba para sus extravagantes puestas en escena se terminó volviendo en su contra: a principios de los ochenta su colorista imperio se desmoronó a causa de la mala gestión económica. Las naves espaciales, los coches y las calaveras gigantes habían sido caprichos muy caros (más aún con la costosa tecnología de la época). La falta de dinero causó problemas entre George y muchos de sus músicos, que empezaron a abandonarle. Clinton siguió adelante con sus Parliament/Funkadelic pero ni contaba ya con todos sus grandes nombres, ni podía seguir actuando en estadios con parafernalia mastodóntica, ni sus discos —que empezaban a sonar demasiado artificiosos, como les ocurrió a tantos artistas con la entrada de aquella década— tenían ya tanto éxito. Sin embargo su ritmo de trabajo no cesó: intento sin éxito que Sly Stone grabase un disco, produjo el segundo trabajo de sus discípulos Red Hot Chili Peppers… durante unos cuantos años, George Clinton siguió sumido en una actividad frenética. Pese a su adicción a las drogas y los momentos bajos que le ha provocado el consumo de “crack”, George y los suyos han seguido actuando en directo, manteniendo viva la llama del P-Funk hasta hoy en día, una época donde, por suerte, a George Clinton le llueven las alabanzas y homenajes ya sea desde el mundo del hip-hop, del R&B más comercial o del rock. Los artistas que recogen su influencia directa se cuentan por docenas y las canciones de P-Funk han sido versionadas por gente de lo más diversa. Sus discos de los setenta jamás pasarán de moda y las filmaciones de sus conciertos de aquella época se cuentan entre las más espectaculares de las últimas décadas.
Por dónde empezar a escuchar a los mil y un nombres de la factoría P-Funk
Por su volumen, sería impensable comentar la discografía completa del movimiento P-Funk, ni aun limitándonos únicamente a su época de gloria: los años setenta. Pero, dado lo complejo que llegó a ser el universo de George Clinton y los numerosos proyectos producidos o apadrinados por él, resulta muy útil hacer un repaso a algunos de aquellos grupos que lideró y patrocinó, para señalar sus discos más recomendables:
Parliament: el sonido bailable, psicodélico y festivo del P-Funk tiene sus mejor representación en discos comoMothership Connection y The clones of Dr. Funkenstein, que contienen varios de los clásicos más conocidos del estilo. Aunque también es muy recomendable el primer disco del grupo, Osmium, que no es un disco de funk propiamente dicho sino de rock guitarrero al estilo de Jimi Hendrix, pero que resulta igualmente divertido y ya contiene el típico humor gamberro de Clinton, además del arrollador sonido de su guitarrista Eddie Hazel. Y, cómo no, también es imprescindible el espectacular directo Parliament Live.
Funkadelic: la otra mitad de la nave insignia del P-Funk. Para muchos su gran disco es Maggot Brain, en el que se mezclan diversos estilos, pero son también muy recomendables trabajos más orientados al funk como Cosmic slopStanding on the Verge of Getting It OnLet’s take it to the stageHardcore jollies y Tales of Kidd Funkadelic, así como sus discos más exitosos —con un sonido algo más “moderno”, aunque igualmente adictivo— One nation under a groove y Uncle jam wants you.
Bootsy’s Rubber Band: la banda del bajista Bootsy Collins —uno de los individuos más carismáticos de la industria musical— con la que grabó varios divertidísimos discos durante los setenta. Son especialmente recomendables Bootsy? Player of the year y Ahh…The Name Is Bootsy, Baby! Por descontado ambos discos suenan a P-Funk y están repletos de humor surrealista; además la voz grave de Bootsy, que recuerda a algún extraño personaje de dibujo animado, les da un aire especialmente estrambótico y entrañable. Música muy juguetona y bailable, para empezar el día de buen humor.
 Eddie Hazel: otro peso pesado, la figura más reconocible del P-Funk junto a George Clinton y Bootsy Collins. Guitarrista virtuoso, discípulo de Jimi Hendrix y a veces apodado “el Zappa negro”, fue descubierto por Clinton cuando Eddie sólo tenía diecinueve años. Las drogas le hicieron tener una conducta irregular y nunca le sacó todo el jugo a su enorme talento. Su único disco en solitario de los setenta (Game, Dames and Guitar Thangs) es un testimonio de ese talento: basta escuchar su extraordinaria versión de California dreamin’ con guitarras al estilo Hendrix para convencerse de que Hazel fue uno de los grandes guitarristas de rock de su tiempo.
Brides of Funkenstein: el trío formado por las coristas de Parliament y Funkadelic grabó dos de los mejores discos de funk de los setenta. Ambos trabajos llevan el sello inconfundible de George Clinton, pero el hecho de estar cantados por las poderosas voces femeninas le confiere un plus de fuerza y soul. Funk or walk y Never buy Texas from a Cowboy son dos discos un tanto olvidados pero imprescindibles para cualquier amante del funk. Canciones como AmorousBirdie o Party up in here son de lo mejor que se ha hecho nunca en el género. Por desgracia, el imperio P-Funk se derrumbó cuando estaban grabando su tercer LP, que nunca llegó a ver la luz.
Parlet: el otro gran grupo femenino de la factoría P-Funk, aunque con un sonido menos guerrero que las Brides of Funkenstein. Un buen disco para empezar a escucharlas es su tercero y último, que llevaba por título el ocurrente doble sentido Play me or trade me.
Fred Wesley & the Horny Hornsla sección de vientos de P-Funk también tuvo su momento de gloria. Liderados por el trombonista Fred Wesley —aunque, como siempre, con George Clinton entre bastidores— publicaron un par de LPs: A Blow for Me, a Toot for You y Say Blow by Blow Backwards. Títulos, cómo no, con los dobles sentidos sexuales típicos del P-Funk.
Bernie Worrell: el teclista de P-Funk y una de las figuras más legendarias del estilo únicamente grabó un disco en solitario durante los setenta: Woo together. Pero ya por la increíble canción que da título al disco merece la pena la escucha.

Las Brides of Funkenstein grabaron varios de los temas funk más impactantes de los 70.
 Quazar: prometedor grupo formado por Glenn Goins, talentoso ex-vocalista y guitarrista de P-Funk , que acababa de abandonar el entorno de George Clinton. Sólo publicaron un único —aunque extraordinario— disco, llamado sencillamente Quazar, producido por el propio Goins. Aunque no era estrictamente un producto de P-Funk, ese sonido está por todas partes y también mostraban influencias de Graham Central Station o Kool & the Gang. En definitiva, una verdadera maravilla de disco que auguraba un gran futuro para la banda. Desgraciadamente, Glenn Goins murió a los veinticuatro años de un fulminante cáncer linfático, sin tener tiempo siquiera de poder ver publicado el disco. Una tremenda pérdida.
Mutiny: otro producto de un ex-Parliament, el batería Jerome Brailey. Formó la banda tras pelearse agriamente con George Clinton por cuestiones de dinero (el nombre del grupo, “motín”, lo dice todo) y publicó un par de discos en los que, además de meterse con Clinton en alguna que otra canción (Voyage to the bottom of the P) se acercaba mucho al sonido juguetón de Bootsy Collins y su Rubber Band, aunque en un escalón inferior en cuanto a capacidad de impacto. Sus dos LPs se llaman Mutiny on the Mamaship y Funk plus the one. Brailey podía estar peleado con George Clinton, pero el sonido P-Funk planea continuamente por ambas grabaciones.
Hasta aqui, el repaso a lo fundamental del sonido P-Funk en los años setenta. Durante las décadas posteriores, los numerosos miembros y ex-miembros de P-Funk se han visto envueltos en infinidad de proyectos (este mismo mes, nuestra compañera Marta comenta el último disco del inimitable Bootsy Collins) pero ello daría para otro artículo completo. De momento hay más que suficiente para adentrarse en la música, la imaginería y el fantástico universo de George Clinton y sus funkateers del espacio.
Nos vemos en la Mothership.

Publicado por Emilio de Gorgot en Jot Down Contemporary Culture Mag
(ver artigo orixinal, xullo 2011)



martes, 7 de febrero de 2012

Rubén Arenaz en "Bloody Day"

"Bloody Day" é unha mini curtametraxe, realizada no Obradoiro de FX da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo no curso pasado, con montaxe de Nuria Atanes... por alí estaba o artista Rubén Arenaz coma un dos seus protagonistas salvando ó mundo dunha praga de zombies.


"Galicia en Clips" de Fernando Rego e Pablo Portero

O pasado sábado presentouse no Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV12) o libro "Galicia en Clips" (Ed.Volta 2012) de Fernando Rego e Pablo Portero (ver nova en El País). Fernando F. Rego e ademáis o responsable da web La Fonoteca, e autor tamén do volume "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega" (Toxosoutos, 2010), e nesta ocasión pretenden poñer en orde o traballo audiovisual das bandas galegas, coma un berce cara un posible i exhaustivo catálogo posterior dos video-clips galegos. Dende os clips de Reixa para Os Resentidos, ou os de Viuda Gómez e Hijos, ata os máis recentes de Javi Camino ou Rubén Dominguez para Franc3s ou Telephones Rouges.

Fernando REGO e Pablo PORTERO "Galicia en Clips"
(Volta e Volta Edicións, 2012)


E ahí vos deixo unhas cantas reseñas nas webs La Fonoteca, no blog de Pablo Portero ou na web de Volta e Volta:

Galicia en Clips é a terceira referencia editorial de Volta Editores, e a primeira deste segundo ano de vida da nosa plataforma, que como xa moitos e moitas sabedes, adícase a dous eidos que nos interesan: o editorial e audiovisual. O traballo, realizado por Fernando Fernández Rego e Pablo Portero, é o primeiro que se realiza en Galicia acerca deste tema no que os dous autores converxen: o videoclip na nosa terra.
Lonxe de estar a falar dun deses catálogos polas que moitas editoras apostan, Galicia en Clips non é precisamente un catálogo, senón máis ben unha viaxe polo noso audiovisual máis recente, facendo unha panorámica dende os anos oitenta ate os nosos días, e falando dos traballos dos Villaverde, Reixa, Javi Camino, e Rubén Domínguez, e doutros moitos que hoxe amosan a boa saúde non só do noso audiovisual, senón tamén da nosa música.

E ahí van dous clásicos...



Qvek "Galician Mixtape"

Hai un par de semanas que vos presentamos a QVEK (ver entrada), e xa nos traen máis novidades. "Galician Mixtape" é o seu novo traballo que contén dous temas, 'Plantanto primos' e 'Patatas fritas con salchichón' moito máis descacharrantes que os da súa primeira entrega. Ademáis agora tamén podedes segui-las súas historias no seu blog en tumblr.


Qvek "Galician Mixtape"
(Qvek/autoed., 2012)



lunes, 6 de febrero de 2012

descarga Falsenite

Aquí tedes outro fragmento dunha nova falsenite, do pasado venres (3 febreiro) con pouco máis de unha hora bastante divertida, con algunhas versións delirantes e outras de bastante nivel, a ver que vos parece... 

(sesión Rif-Rock 3 febr. 2012)


sábado, 4 de febrero de 2012

The Fleshtones en directo

Coa avalancha de concertos que temos en Santiago no próximos meses (Misfits, Jon Spencer Blues Xplosion, Diamond Dogs, Bad Plus...) estas semanas andan os Fleshtones de xira polas españas con case 20 concertos!!! desta vez se non os ides ver non teredes escusa... este mércores (8 febr.) na Sala Moon de Santiago. 

viernes, 3 de febrero de 2012

Esta noite Falsenite!!

Esta noite (Venres 3 de Febreiro), unha nova entrega de versións, plaxios e desfeitas innombrables... a ilustración non sei de quén é pero viña perfectamente inspirada polos new traditionals. Así que xa sabedes: fraudes, covers & mixes... FALSENITE!!!

New Order Vs Doctor Explosion

E esta é unha das mellores adaptacións dos últimos tempos, a versión que fixeron os asturianos Doctor Explosion do superhit de New Order 'Blue Monday', un tema fundamental para comprender a década de 1980, e a posterior música electrónica, e aínda a día de hoxe o maxi-single británico máis vendido da historia.
Aquí tedes o tema orixinal no single homénimo, publicado en marzo de 1983 por Factory Records, no video nun directo de abril do mesmo ano...


Noutras ocasións xa temos disertado sobre a dificultade de trasladar un tema de música electrónica ó formato dunha banda de rock, pero ahí estan Doctor Explosion para saírse sempre da norma, e que pareza así de sinxelo. O video é de tve do ano 2006, e non foi publicado ata o seu último álbum do pasado 2011 "Hablaban con Frases hechas".


jueves, 2 de febrero de 2012

The Fall Vs...

E o máis grande de todos tampouco se pode resistir a incluir unhas cantas versións en cada un dos seus álbumes, e aínda máis nos seus concertos e sessións de estudio. Mark E. Smith dispara a todo o que se move, e tanto lle teñen estilos ou épocas, as súas influencias son todas e xa está, e ahí está a súa incontinencia con The Fall á hora de versionar todo o que lle da a gana, pero as que máis me gustan son cando se queda atascado na década de 1960, dende os pecaminosos desertores The Monks a The Other Side, de Wanda Jackson a The Sonics, ahí os tedes, pero os seus covers dan para moitas entregas máis...

Poison Idea "Pajama Party"

Cada semana previa a unha Falsenite ahí estamos repasando unha e outra vez temas que imos apartando para a sesión, e por suposto cae algún álbum mítico de versións. Este 'Pajama Party' dos Poison Idea non ten nada doutra galaxia polo que vaia a aparecer nas enciclopedias, son algúns dos seus temas favoritos, a toda hostia e para diante, ó seu estilo e punto, era o que eles vendían. Pero en realidade este álbum, funciona como retrato dunha xeración, ou dunha parte dela que non tiña máis pretensións que o hardcore polo hardcore, a festa pola festa, e incordiar por incordiar... esquecédevos de doctrinas politicas nin ideais artísticos ou cálculos matemáticos máis propios do movimento, eran de Portland e o resto dáballes igual. Soaban demasiado a rock clásico para o hardcore de california, demasiado punk para o grunge da cercana Seattle e pouco intelectuais para o post-hardcore do resto do país, e nunca cambiaron. Formados en 1980 'Pajama Party' foi o seu disco de versións, que chegaba en 1992 xa cara o final da súa carreira (separáronse o ano seguinte, aínda que con dúas reunións posteriores) e ahí se divertiron versionando aos New York Dolls, The Who, MC5 e ata Little Richard e Elvis... sen dúbida o álbum de versións dunha xeración. Aínda que sí, ó final vos sorprenderá coas versións de Jimmy Cliff e Booker T. Jones. 
Aviso: poñer a todo volume!!!!!!!

POISON IDEA "Pajama Party"
(Vinyl Solution/American Leather Recs, 1992)


faite con Pajama Party no blog Cosmozebra.


The Fleshtones Vs...

E xa que The Fleshtones nos visitan nestas datas imos incluír tamén unhas cantas versións de clasicazos dos que tanto lles gusta facer en directo...


miércoles, 1 de febrero de 2012

The Cynics Vs...

Seguimos con mitómanos, pero é que no caso dos Cynics, a versión é unha das esencias do seu xénero, sen covers non habería revival, e sen el moitos destes temas sería moito máis complicado que alguén se molestara en recuperalos para que chegaran ata nós. 'Cry, Cry, Cry' dos Unrelated Segments, 'I'm in Pittsburgh and it's raining' dos Outcasts, o 'Gloria's Dream' dos Them post-Van Morrison, ou o 'You never had it better' dos Electric Prunes, e a monstruosa 'Last Time Around' dos The Del-Vetts, e así de memoria poderíamos seguir moito rato, pero a miña favorita é a versión que fan do tema 'ABBA' dos Paragons...


Hellacopters Vs...

Outra das bandas máis mitómanas das últimas décadas foron The Hellacopters, aquí os tedes facendo algúns dos seus temas favoritos do soul e a algunhas das súas principais influencias do punk dos 70. 'Television Addict' dos australianos The Victims, o 'Whole Lotta Shaking in my Heart' de Smokey Robinson & The Miracles (daquel fantástico Ep compartido cos Flaming Sideburns no que tamén incluían o 'Get Ready', tamén de Smokey Robinson vía Rare Earth), e por suposto os Rolling Stones ('Gimme Shelter') e The Stooges (tremenda a versión hipervitaminada do 'I Got a Right', pero non a atopo, así que aquí vos queda o 'Search & Destroy' en directo), ata o 'A House is not a motel' dos Love de Arthur Lee...

Devo Vs...

DEVO Vs. Neil Young, Steve Barri, e os Rolling Stones