miércoles, 1 de febrero de 2012

Hellacopters Vs...

Outra das bandas máis mitómanas das últimas décadas foron The Hellacopters, aquí os tedes facendo algúns dos seus temas favoritos do soul e a algunhas das súas principais influencias do punk dos 70. 'Television Addict' dos australianos The Victims, o 'Whole Lotta Shaking in my Heart' de Smokey Robinson & The Miracles (daquel fantástico Ep compartido cos Flaming Sideburns no que tamén incluían o 'Get Ready', tamén de Smokey Robinson vía Rare Earth), e por suposto os Rolling Stones ('Gimme Shelter') e The Stooges (tremenda a versión hipervitaminada do 'I Got a Right', pero non a atopo, así que aquí vos queda o 'Search & Destroy' en directo), ata o 'A House is not a motel' dos Love de Arthur Lee...

No hay comentarios: