martes, 13 de marzo de 2012

Guided by Voices "Let's Go Eat the Factory"

Por fin me puiden facer co álbum de retorno dunha das miñas bandas de cabeceira, Guided by Voices, e agora acabo de comprobar de que nunca lle adicamos unha entrada no blog, aínda que os podedes atopar en moitas das nosas sesións. GbV son un dos grandes pilares do indie norteamericano,  e sempre esquivos ó éxito. Cada vez asomaron a súa cabeza a escalóns cercanos ó mains stream ou a súa popularidade se disparaba por que outros hypes os citaban coma influencia sempre fixeron o posible por alonxarse de ahí. Por exemplo cando publicaron os seus mellores álbumes que seguramente son os catro que discorren entre o 'Alien Lanes' do 95 e o 'Mag Earwhig' do 97, semella coma se fixeran un enorme esforzo por non repetir certas fórmulas que lles funcionaron máis alá dos seus incondicionais, a aínda así o boca-ourella xa estaba feito, e os seus seguintes discos, moi inferiores en calidade obtiveron moitas máis ventas. Finalmente separáronse en 2004, tras 20 anos de existencia, aínda que cos anos rematou por convertirse no proxecto de Robert Pollard, que dende entón lanzou a súa carreira en solitario, e multiplicándose ata o infinito en incontables proxectos paralelos e colaboracións.
No pasado 2011 Robert Pollard anunciou o retorno de Guided by Voices con 3 ilustres membros da súa fundación na primeira metade dos 80, así volvían Mitch Mitchell, Tobin Sprout e Kevin Fenell, e a súa primeira edición foi o single "Doughnut For A Snowman" (Fire Recs.) un 7'' con catro temas novos, entre eles o que da título ó single 'Doughnut For A Snowman' que tamén podedes descargar no seu soundcloud:
'

E logo chegou o verdadeiro adianto deste álbum, o single "We Won't Apologize for the Human Race/The Unsinkable Fats Domino" (Fire Recs, 2011) que tamén podedes descargar no soundcloud:

E a comezos de xaneiro do 2012 por fin chegou este "Let's Go Eat the Factory" que coma sempre contén de todo ó longo dos seus 21 tamas, rock de baixa intensidade, pop luminoso, algún que outro arrebato de furia, sempre directos tirando adiante coa primeira toma, e sobre todo moito sentido do humor... iso sí, co fantásticas que son tóda-las súas portadas sempre, esta deixa moito que desexar. E o mellor de todo é que volven coa súa habitual hiperactividade, por que xa nos anuncian que a mediados de ano volverán cun novo lp que se chamará "Class Clown Spots a UFO", a ver si é certo...

GUIDED BY VOICES "Let's Go Eat the Factory"
(GbV/ Fire Records, 2012)

facédevos co novo de GbV en Indiecaciones.

No hay comentarios: