lunes, 21 de mayo de 2012

Breakin' Bones, todo o seu concerto

Aínda estamos alucinados co concerto deste sábado dos BREAKIN' BONES!!! Xa estábades todos avisados de que o espectáculo ía ser de primeiro nivel, e a tódo-los asistentes creo que se lles podía ver unha cara de satisfacción-alucine máis que evidente. E certamente o concerto que nos ofreceron estes veteranos foi tremendo, bestial e inesquecible. 
Xa temos todo o material subido (nas anteriores entradas o tedes todo repartido en 5 partes) e aquí mesmo xa o tedes nunha lista de reproducción todo seguido, para os que queirades revivilo, aquí tedes a Santi, Berto e Koko en directo, os Breakin' Bones!! Gracias máquinas!!! 

E ademáis vos recomendo que os sigades nas súas próximas datas, novas, edicións etc na súa páxina de facebook e no seu myspace.




No hay comentarios: