jueves, 27 de septiembre de 2012

Soul Train

Nada mellor para introducir a sesión deste venres que o mítico programa de TV Soul Train, todo un icono da cultura afroamericana nos USA, que se mantivo en antena dende 1971 ata 2006 e creado e dirixido polo insuperable Don Cornelius (que tamén o presentou dende a súa creación ata 1993) dende Chicago para todo o universo soul... no que apareceron todos e cada un dos persoaxes relevantes da música negra. Unha das súas seccións máis recordadas é a liña de baile, na que o público se pavoneaba e competía ó son dos éxitos dos momento. Aquí os tedes con Curtis Mayfield, The Temptations, Gladdys Knight e no último tedes ó propio Don Cornellius participando no Line Dance...


Outono Capitol Rock Festival

Este fin de semana comeza o Outono Capitol Rock Festival, a primeira entrega será este sábado 29 de setembro cos directos de Ray Collins' Hot Club, Jeff Hershey & The Heartbeats e Los Eternos. As próximas entregas en outubro...


Sab 13: LA4PARED en concerto

O pasado 10 de setembro vos presentamos a nova maqueta de La4Pared neste blog, (ver entrada) e agora xa vos podemos confirmar a data para que os poidades ver en directo no Rif-Rock, será o sábado 13 de outubro, coma sempre dende as 23:30h. Non vo-lo perdades!!!


miércoles, 26 de septiembre de 2012

The Vaccines "Please, please do not disturb EP"

Eu aínda non teño moi claro se The Vaccines me parecen un bluff total ou se aínda agardo que algún día me convenzan de outra cousa... mentres tanto hai que seguir escoitando o que fan, e esto é o último, catro temas que ragalan na súa web para descarga directa, aínda que o enpacan coma un ep que leva por título "Please, please do not disturb EP", son catro versións grabadas en acústico en habitacións de hotel por europa do leste... Os temas son: 'The Beast in me' de Nick Lowe (aínda que máis popularizada por Johnny Cash), 'Mannequin', unha das miñas favoritas dos Wire, 'the Winner takes it all' de ABBA, e 'That Summer Feeling' de Jonathan Richman...

THE VACCINES "Please, please do not disturb EP"
(Columbia, 2012)


Grampoder no Ultramarinos

E si para o xoves hai que escoller, para esta mesma noite (mércores 26 setembro), non temos dúbida qué recomendarvos se estades por Compostela: GRAMPODER!!! dende as 22:h. no Ultramarinos.


Visita o seu blog: Grampoder.
Así se presentan eles mesmos:
Grampoder somos Le Roi e Martin Wu. Facemos rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. Quizá nos coñezas de aventuras anteriores como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra, aínda que o máis probable é que non.

E aquí os tedes en modo praia...


martes, 25 de septiembre de 2012

The Jayhawks Vs. Howe Gelb

Sempre agardando por esas datas sinaladas nas que poidemos ver en directo a grandes nomes da música, e ás veces semella que se contraprograman a posta... Esta semana por exemplo, en Santiago ocorre dúas veces: na fin de semana coinciden o sábado a segunda xornada do Music Way, coa primeira das entregas do Outono Capitol Rock Festival, que é certo que igual non comparten moito público, pero tamén hai quen se apunta a todo...
Pero o máis duro é comprender coma o xoves 27 de setembro coinciden na mesma cidade dous concertos distintos con dous dos grandes nomes da música americana dos últimos 30 anos... The Jayhawks cos súa formación orixinal (Louris & Olson) contra Howe Gelb dos Giant Sand. Os dous shows xuntos farían un cartelazo envexable, pero non vai ser, haberá quen axuste os horarios para picar nos dous, pero o normal é que teñamos que escoller. Ahí van unhas pistas:

HOWE GELB
Xoves 27 de setembro, Zona 'C', Santiago 21:00h.


Continúa o ciclo Íntimo e Acústico cun dos seus pratos fortes. Howe Gelb chega a Santiago para presentarnos o último disco da súa banda Giant Sand, chamado "Tucson" (Fire Records, 2012) e que se presenta coma unha ópera country-rock. Gelb foi un dos renovadores de todo aquelo que se deu en chamar o novo country alternativo, aínda que con Giant Sand sempre foi moito máis ca iso e case sempre estivo o marxe desas corrententes. O seu anterior traballo en solitario, firmado coma Howe Gelb xunto con Raimundo Amador e amigos foi tran arriscado coma complicado de dixerir, pero nesta ocasión retoma o nome da súa banda orixinal, aínda "Tucson" se publica como Giant Giant Sand, e xa me ten mellor pinta. Como eu aínda nunca tiven a ocasión de ver a Gelb en directo, creo que me vou a decantar por esta opción:



THE JAYHAWKS
Xoves 27 de setembro, Sala Capitol, Santiago 22:00h.


The Jayhawks chegan da man do ciclo Galicia Importa, coa súa formación orixinal, para presentarnos o seu álbum do ano pasado "Mockingbird Time" (Rounder Recs, 2011) que supuxo a reunión de Gary Louris con Mark Olson, e de seguro que no repertorio haberá moitos dos clásicos que os convertiron nun dos estandartes do Americana, ademáis tendo en conta que tamén teñen unha antoloxia prublicada hai pouco, seguro que se dan unha boa homenaxe a sí mesmos. Aquí os tedes a comezos de mes:



lunes, 24 de septiembre de 2012

"Do it Again, Please" o 1 de outubro

Por fin!! xa temos data para a saída do segundo lp dos Allnight Workers!!!
"Do it Again, Please" verá a luz o próximo 1 de outubro, e Grabaciones de Impacto no-lo presenta en dúas edicións deluxe diferentes a escoller...

- Deluxe LP edición limitada a 600 copias con vinilo 180 gram, poster, portada pegada a man e tarxeta de descarga en MP3
- Pack limitado a 250 COPIAS con Deluxe LP, 7", Camiseta, Bolsa e Foto promocional.

Que ganas!!!


jueves, 20 de septiembre de 2012

Freakemacine 2012

Boa recomendación para a próxima semana se andades pola Coruña, o Festival de Cine de Sci-Fi e Fantástico FREAKEMACINE, dende o 24 ó 30 deste mes cun programa ben cargado de proxeccións e actividades: http://freakema.com/ e no seu facebook.




miércoles, 19 de septiembre de 2012

esta noite The Cynics!!

Xa estades máis que avisados de que esta semana The Cynics se pasarían por Galicia, pero sempre hai despistados. Se deixáchedes pasa-la semana sen velos en Ourense e na Coruña, esta noite é a vosa última oportunidade por este ano, en Santiago na Sala Moon, presentándonos o seu último álbum "Spinning Wheel Motel". Ademáis Lulú y los Canibales de teloneiros e Fran Reixa de dj. 
Apurando que son horas...



descarga o recopilatorio 13º Aniversario Rif-Rock

Aquí téde-lo clásico de tódo-los anos, o recopilatorio do
13º Aniversario do Rif-Rock!!!!


descarga o cd do 13º Aniversario do Rif-Rock!

*nesta edición para o blog inclúese un tema menos que no cd orixinal, cousas de enchufe...
[o arquivo rar inclúe 21 cortes en mp3 a 320kbps + portada e galleta en tamaño orixinal]


martes, 18 de septiembre de 2012

Ven 28 set: Black Grooves!!!

E tralo cambio de data da sesión de Comomepos que finalmente queda para outubro, completámo-lo último fin de semana de setembro cunha nova entrega das NiggerSoulFunkSeries, xa sabedes Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!! será o venres 28, desta vez sobre Don Cornelius e o seu mítico programa Soul Train...


Sab 6 Out. 'Punk Origins' x Comomepos


jueves, 13 de septiembre de 2012

Chico Hamilton en 'Repulsion'

Aquí tedes un trailer do filme Repulsion de Roman Polanski con temas de Chico Hamilton compostos para a ocasión, Languida Morbosita (Languid Morbosity)Repulsione Notturna (Repulsion Nocturne) que podedes atopar no álbum "Sweet Smell of Success/Repulsion" que contén os temas compostos para ambas películas, pero nas que tamén se empregaron outros dos seus temas anteriores coma este 'Carol's Walk':



miércoles, 12 de septiembre de 2012

The Cynics!! 3 datas en Galicia

Recomendación para a próxima semana!!! e aviso para despistados... 
Nova visita dunha das nosas bandas favoritas a Galicia, os imprescindibles THE CYNICS, con 3 datas galegas: o luns 17 en Ourense, o martes 18 na Coruña, e o mércores 19 en Santiago. Xa sabedes que as entradas voan...
Non vo-los perdades!!


"Metamovida Vol.1"

Hai un par de meses que quería presentarvos outro recopilatorio doutra escena galega diferente que está a cobrar merecida difusión. Trátase do álbum "Metamovida Vol.1" promovido polo Colectivo Metamovida, que reune a bandas e músicos do entorno de Vigo e Pontevedra e que teñen o underground e o do it yourself por bandeira, e ademáis entre todos dan forma a outro proxecto aínda máis especial, a Orquesta Metamovida, unha enorme orquesta de improvisación conducida formada por tódo-los músicos do colectivo. Ahí atoparedes a bandas coma Unicornibot, Cró, Es un Árbol, Why Go, Durarará e Guerrera. 
Para a edición do lp apostaron tamén polo crowdfunding, co presuposto xa conseguido, e agardando polas copias, pero dende hai un par de meses xa podedes atopa-lo recopilatorio no seu bandcamp para descarga de balde. 
Para enterarvos mellor de todo visitade a súa web: metamovida.org

V.A. "METAMOVIDA Vol.1"
(Colectivo Metamovida, 2012)




martes, 11 de septiembre de 2012

Sáb 22: Kurco Sound System

Xa imos confirmando máis datas para este arranque de tempada, neste caso ós mandos da cabina do Rif-Rock, o seguinte será Kurco, o sábado 22 de setembro.


"Galician Bizarre II"

Por fin xa está aquí o "Galician Bizarre II"!!! nesta entrega 16 novas bandas, nunha edición financiada co microfinanciamento por adiantado de moitos. Esta semana xa teremos as nosas copias na man, e para o resto dos mortais aquí o tedes subido no bandcamp para escoitalo cantas veces queirades e descargalo de balde, pero si queríades o vinilo vos acordárades antes...


V.A. "GALICIAN BIZARRE II"
(Galician Bizarre, 2012)




lunes, 10 de septiembre de 2012

La4Pared "demo Cuatro"

Esta é a nova demo de La4Pared, o novo proxecto no que anda metido o noso amigo Karallada, por suposto producido no KSF Studio por eles mesmos, e que dende onte está dispoñible para que todos descarguedes de balde, que a desfrutedes, e a difundila...

LA4PARED "Cuatro (L4p2012)"
(La4Pared, 2012)
descarga a demo de La4Pared.



fotos de David R. Valeiras

Aquí tedes unha fotazas que nos envía Adri Meu dende Comomepos produccións do concerto de David R. Valeiras do pasado 24 de agosto. gracias productores!!












domingo, 9 de septiembre de 2012

esgotado o recopilatorio do 13º Aniversario

Esgotada a edición do compilatorio do 13º Aniversario do Rif-Rock.
Nos próximos días xa o subiremos á rede para todos...


viernes, 7 de septiembre de 2012

Venres 14: Repulsión!

E para comezar a tempada tampouco nos imos a romper moito a cabeza, pero inauguramos unha serie, que se prolongará todo o que dé de si, de sesións inspiradas nos nosos filmes favoritos, nesta primeira ocasión, será Repulsión de Roman Polanski, con eses temas de jazz claustrofóbico compostos por Chico Hamilton, e que nos acompañaremos de suxas pezas esquecidas da época, dende o acid jazz, ó garage máis sicodélico e denso, ata pezas ignoradas do mellor bubblegum.
Repulsión! Raw Junk & Trash, será o venres 14 de setembro.


jueves, 6 de septiembre de 2012

nova tempada RifRocKerZ!!


Saúdos RifRocKerZ!!! 
Rematou o verán, voltamos ó horario habitual de venres e sábados, e xa van sendo horas de comezar a programar máis actividades, cos habituais da nosa cabina, ós que cada tempada se engade máis personal, máis música en directo, e coma sempre unhas cantas frikalladas máis, desas irrepetibles que se presentan de vez en cando... Así que xa sabedes, dende a próxima semana comezamos unha nova tempada que nos levará ata un novo aniversario. 
Pero antes ven un duro inverno de crise, de recortes, de rescates, de trolas tremendas e máis promesas incumpridas, e ata de eleccións. 
Esta primeira tarxeta vai de todo iso...
Xa sabedes, atentos á programación, e coma sempre partiallnite!!!

miércoles, 5 de septiembre de 2012

The 13th Floor Elevators "Easter Everywhere"

O outro día caín na conta de que moita xente pensa que The 13th Floor Elevators só publicaron un disco, ou que foron unha desas bandas efímeras de un éxito e nada máis. Dende logo toda esa xente pensa no descomunal álbum de debut "The Psychedelic Sounds of The 13th Floor Elevators" (1966), pero é que Roky Erikson non é historia viva da música por un só álbum.
"Easter Everywhere" de 1967 foi o segundo traballo en longo da banda de Texas, e se ben non ten ningún tema super-éxito coma no anterior, é moito máis equilibrado, e incluso máis fondo, e se nos poñemos máis serios, co paso do tempo considerase incluso superior. É moito máis sicodélico, de feito sempre se conta que na grabación deste álbum seguramente se batiron records de consumo de LSD.  Cecais o tema que máis sonou vía recopilatorios foi a versión ácida que inclúen do 'Baby Blue' de Bob Dylan, pero temazos coma 'Levitation', 'Dust', 'She Lives (in a time of her own)', pero sobre todo a peza que abre o álbum, os oito minutos de 'Slip inside this house' que é unha peza mestra de rock psicodélico que ó longo dos anos nunca recibiu a atención merecida. Logo está a historia das edicións en mono e as stereo, pero eso mellor o buscades na wikipedia ou así, para saber por qué as edicións en stereo non sirven, e por iso aquí vos deixo o enlace para a edición en mono. 
Así que por todo iso é o merecido clásico desta semana, outro día seguiremos con máis historias de Roky Erickson e compañía, que deu para moito, pero hoxe aquí tedes unha desas xoias que foron deixando polo camiño.

THE 13th FLOOR ELEVATORS "Easter Everywhere"
(International Artists, 1967)


faite con Easter Everywhere en Psychedelic Obscurities.


lunes, 3 de septiembre de 2012

BREAKIN' BONES novo álbum

Xa está aquí o novo traballo dos Breakin' Bones, é un ep de seis temas, gravado nos estudios Colorado Springs de Tomiño neste 2012.

Así no-lo presentan hoxe mesmo: 
"Está listo y a vuestra disposición en formato digital en la ventanita de Music  (do seu facebook, e tamén no seu bandcamp) para oír gratis o descargar por 1€. Espero que os guste tanto como a nosotros, tenemos los cd´s listos para vender en nuestros conciertos o por encargo a breakin.bones@yahoo.es, los vinilos tardarán un poquillo pero también están en marcha".

Así que xa sabedes, facédevos co ep dos Breakin' Bones, 100% recomendado!!

BREAKIN' BONES "Breakin' Bones EP"
(Producciones Pollos y Medios Pollos, 2012)




sábado, 1 de septiembre de 2012

o adéus de Carne Cruda

Aínda que era esperado, non por eso fastidia menos. Onte confirmouse o finiquito dun dos nosos programas favoritos: Carne Cruda. Supoñemos que por unha boa tempada poderemos dispor do seu arquivo completo de programas na web [audios de Carne Cruda] pero xa veremos durante canto tempo están dispoñibles. Co novo director de Radio3 decindo que o programa era máis propio dunha radio pirata, só non queda confirmarnos: que viva a radio pública!!! e ata a próxima Carne Cruda!!!
Así se despedía o seu director e presentador Javier Gallego: 
"La nueva dirección de Radio 3 ha decidido cancelar el programa diario ‘Carne Cruda’, tras tres años en antena de la cadena pública. Hoy se emite el último programa, grabado antes del verano, con lo que el equipo no podrá despedirse de los oyentes".
Para despois remitirnos unha vez máis ó seu artigo "Ni vencéis ni convencéis".
O dito, ata sempre Carne Cruda!!!