lunes, 22 de octubre de 2012

Herbie Hancock "Blow Up. The Original Soundtrack"

Tra-la sesión do pasado venres non podiamos deixar pasa-la ocasión de recomendarvos tamén a fantástica banda sonora de Blow Up, que tamén é unha das razóns polas que o filme de Antonioni se convirteu nun icono da súa época, composta polo grandísimo Herbie Hancock, un dos mellores pianistas de jazz de tódo-los tempos, e un dos maiores renovadores do xénero no último medio século. Aquí se inclúen algúns dos seus temas máis coñecidos coma o propio 'Main title Blow Up' ou o 'Bring down the birds'. Ademáis o álbum se completa co 'Stroll On' dos Yardbirds en directo que se inclúe na famosa escena na que Jeff Beck destroza a súa guitarra, e dous descartes da Tomorrow, unha das bandas favoritas do actor protagonista David Hemmings. Imprescindible!!

HERBIE HANCOCK "Blow Up (The Original Soundtrack Album)"
(Warner, 1966)



No hay comentarios: