jueves, 4 de octubre de 2012

Keith Jarrett "Sleeper"

Non é nada habitual presentar unha novidade de jazz, pero é que en un par de meses este álbum foi aclamado por tódo-los medios como a última obra mestra do xénero. Trátase do último traballo publicado polo pianista Keith Jarrett, aínda que de novo non ten nada, senón que é a publicación dun concerto en Tokyo de 1979, baixo o acertado título de "Sleeper" posto que ademáis nada se di das razóns polas que estas grabacións históricas estiveron ocultas durante máis de 30 anos, nin da súa conservación, nin nada, pero o certo é que este álbum dobre está a recibir máis alagos que calqueira outro dos seus 50 anos de carreira. No escenario o propio Keith Jarrett ó piano (aínda que se di deste concerto que foi a última vez que Jarrett se aplicou tamén coa percusión e o saxo), acompañado por Jan Garbarek nos ventos, Palle Danielssonno contrabaixo e Jon Christensen na batería. Son sete pezas das que normalmente se destaca o freejazz latino de 'Prism' ou das melodías de 'So Tender' e 'New Dance', pero eu me quedo descaradamente coa rítmica de 'Personal Mountains' e a psicodelia ácida dos 28 minutos de 'Oasis'. 
Unha obra mestra do jazz recuperada...

KEITH JARRETT "Sleeper (Tokyo April 16th 1979)"
(ECM/Distrijazz, 2012)


faite con Sleeper en NewAlbumReleases.


No hay comentarios: