miércoles, 20 de marzo de 2013

Pere Ubu "Lady from Shanghai"

O de coller uns días de vacacións é fantástico para repasar cousas que tes pendentes, e aínda que non o creades tiña pendente o novo álbum dunha das miñas bandas favoritas, os Pere Ubu. e coas gañas que lle tiña despois dos últimos traballos do 2006 e do 2010 ("Why I Hate Women" e "Long Live Père Ubu"). Este "Lady from Shanghai" que xa se publicou a comezos de ano son once novos temas de David Thomas orientados ó baile, si é que vos podedes imaxinar a Thomas bailando agora, claro, e si pensades que a velocidade desos temas son propicios para deixarse levar... Pero trátase doutra cousa, Ubu Dance Party! segundo Thomas, e iso xa son cousas serias!! 
[máis de Pere Ubu no blog]

PERE UBU "Lady from Shanghai"
(Fire Records, 2013)



No hay comentarios: