martes, 24 de septiembre de 2013

Acústicos no Pombal: THE MUDDY BEERS

Aquí tedes a primeira entrega dos Acústicos no Pombal que vos anunciábamos a semana pasada. 

Trátase dunha nova campaña do Club Xuventude Baloncesto na súa nova andaina na LEB Plata 2013-14 en colaboración co Rif-Rock dunha idea orixinal de Xaco Aragunde, na que participan bandas ou músicos que tiveran formado parte do clube. A nós pareceunos unha xenialidade dende o primeiro momento, e esperamos que o resultado tamén vos guste a todos. 

Esta primeira entrega está protagonizada por unha das nosas banda favoritas do momento, THE MUDDY BEERS, e o tema 'Cambados on my Mind' que foi o que inspirou esta iniciativa durante un concerto no aniversario do Rif-Rock.
Si vos gusta, compartídeo!! e por suposto, atentos ás próximas entregas...



No hay comentarios: