jueves, 12 de septiembre de 2013

Man or Astro-Man? "Defcon 5-4-3-2-1"

Outros que volven moitos anos despois son Man or Astro-Man? un dos mitos da nosa adolescencia... con esa historia de que a súa nave espacial se estampou en Alabama e decidiron montar unha banda de surf para infiltrarse entre os terrícolas. Despois das breves Anolog Series dos últimos anos e coa volta da formación de extraterrestres orixinal, chega este "Defcon 5-4-3-2-1" coa producción de Steve Albini, así que iso xa é unha garantía. 

Case nin o escoitamos, pero hai anos Man or Astro-Man? foron a bso das noites máis surrealistas que teñamos vivido, así que só por iso vai a recomendación. Algúns xa sabedes porqué...

MAN OR ATRO-MAN? "Defcon 5-4-3-2-1"
(Communicating Vessels/Chunklet, 2013)



No hay comentarios: