martes, 17 de diciembre de 2013

Circus Devils "My Mind has seen the White Trick"

O outro dos proxectos paralelos de Robert Pollard ó marxe dos GBV son Circus Devils, o que é o seu proxecto máis experimental e menos accesible. Formados xa en 2001 por Robert Pollard e os irmáns Tim e Todd Tobias, e dende entón levan publicados 12 referencias entre álbumes e eps. 
Este ano publicaron dous novos traballos consecutivos no mes de outubro, o primeiro deles foi este "My Mind has seen the White Trick" cheo de pasaxes ambientais que se alternan con ruidismo, bases de free-jazz, temas de histrionismo puro cheos de músculo e potencia, pero no que por riba de todo predominan as letras... atrevédevos cos Circus Devils.

CIRCUS DEVILS "My Mind has seen the White Trick"
(Happy Jack Rock Records, 2013)



No hay comentarios: