jueves, 26 de diciembre de 2013

Singles2013 o sábado 11 de xaneiro

Xa temos cartel para sesión que sempre adicamos a repasar do ano anterior. A sesión Singles2013 será o sábado 11 de xaneiro con Kurco Vs. Munstaphà dende a cabina, unha noite para destripa-los mellores singles, álbumes e bandas do 2013. Para o cartel estivemos a voltas con Bárcenas, Walter White vs Heisenberg e cousas semellantes, pero finalmente aquí tedes a opción gañadora: Nadezhda Tolokónnikova das Pussy Riot.
E dende este fin de semana xa comezaremos a publicar o noso resumo do ano, listas e demáis cacharrada habitual desta época. Podedes seguilo todo na etiqueta singles2013.


No hay comentarios: