jueves, 26 de diciembre de 2013

última entrega de Libro de Notas


Unha das peores novas que recibimos neste final de ano foi o do fin da web Libro de Notas (ver entrada do 29 de outubro) e a semana pasada publicaron o seu último número. Logo de todo o mes de decembro sen actividade, o venres 20 lanzaron máis de 40 artigos e columnas, todo en orde aleatorio para que poidamos estar ben entretidos unha tempada, logo dunha dura fin de semana e a primeira tanda de festas chegan uns cantos días de normalidade para retomar estas lecturas que quedaron pendentes.

Ademáis vaia por diante que estiven moi tentado a enviarlles unha última columna dos Ventrílocuos Impostores para facer a miña entrega número 45 na web, pero tras varios borradores sempre tiña un tufo a resumo nostálxico e finalmente optei por desistir. Seguro que co tempo me arrepentirei, pero nestes días non quería escribir nada a modo de final... por que eu estou seguro de que Alberto e Marcos xa estarán argallando novos proxectos...

Como colaborador e como lector foi máis que un pracer, gracias xefes!! 

E por suposto, todos vós que leedes esto espero que xa estedes devorando todos eses artigos da última entrega de Libro de Notas.


No hay comentarios: