viernes, 31 de enero de 2014

The Fleshtones de xira

Hai un par de semanas vos recomendamos o novo disco dos Fleshtones (Wheel of Talent) e como sempre de xeito inmediato xa están dende NYC xirando polas nosas terras. 
Unha nova descarga do seu super rock con máis de 20 datas en España, e dende este fin de semana catro datas en Galicia: o domingo 2 en Vigo, martes 4 en Ourense, mércores 5 na Coruña e o xoves 6 en Ferrol. 
Se podedes non vo-los perdades!!



jueves, 30 de enero de 2014

The S.I.G.I.T. "Detourn"

Dende as vacacións de nadal algún pesado nos leva insistindo en que estamos feitos uns floxos de moito carallo últimamente. Así que para prepararnos cara este fin de semana ahí vai algo do que nos chamou a atención do ano pasado, pero con máis caña, e co seu toque exótico...

The S.I.G.I.T. son unha banda de Indonesia, o nome é o acrónimo de Super Insurgent Group of Intemperance Talent, e se presentan directamente como a resposta indonesia a bandas coma Wolfmother ou The Datsuns, e aínda que nos seus comezos tiraban moito polo garage, o seu son é unha mestura de psychodelia rock con toques hardcore, post rock, arranxos de jazz... pero moi setenteiro, e cada vez con moitos máis matices. Comezaron con varios intentos dende 1994 e arrancaron coa formación actual no 2002, pero non publicaron o seu primeiro álbum ata o 2006: Visible Idea of Perfection (aínda que antes xa editaran un par de eps), e foi no 2013 cando entregaron este "Detourn" que é o seu segundo álbum de estudio, cheo de guitarras poderosas, rítmica contundente e moitos arranxos en clave 70's... recomendado!

THE S.I.G.I.T. "Detourn"
(FFWD Records, 2013)



miércoles, 29 de enero de 2014

Familia Caamagno "Hai que andar cos tempos"

Novo EP dos composteláns Familia Caamagno. "Hai que andar cos tempos" é unha nova entrega da súa mestura de blues, garage, punk e surf, foi gravado en Circo Perroti con Jorge Explosión (Giorgio nesta ocasión...) e sae da man de Lixo Urbano. 
Ademáis estarán en directo a próxima semana (venres 9 de febreiro) na Sala Capitol de Compostela presentando este novo traballo xunto cos madrileños Yakuzas.

FAMILIA CAAMAGNO "Hai que andar cos tempos"
(Lixo Urbano, 2014)


martes, 28 de enero de 2014

Pete Seeger

Pete Seeger
(1919 - 2014)


Aquí o tedes a comezos dos 60's nun show de tv completo xunto con Johnny Cash e June Carter


domingo, 26 de enero de 2014

descarga tRash Tra$h trAsH #8

Aquí tedes unha hora mesturada da sesión do venres, do pouco que tivemos tempo a poñer antes de que dj Jaleo de dj Rufo asaltaran a nosa cabina... pero iso xa é unha historia para outro día. 
Ó final quedou algo así, a ver se vos gusta...

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #8"
(sesión Rif-Rock 24 xan.2014)
faite con trash#8 aquí.



jueves, 23 de enero de 2014

"De Ventrílocuos Impostores", repasa tóda-las entregas en LdN


Un mes despois de que a web Libro de Notas puxera fin á súa actividade xa é un bó momento para facer un repaso pola columna De Ventrílocuos Impostores que durante catro anos tivemos o gusto de publicar mensualmente. 
Mentres se resolve o cambio de aloxamento do inmenso arquivo da web, aquí tedes o índice con tóda-las entradas que publicamos, 44 en total dende setembro do 2007 ata setembro do 2011... e todo o que nos quedou por escribir!!

Waiting for Waits [24.09.2011]
Del apropiacionismo ye-yé [24.08.2011]
Del apropiacionismo (Traduciendo por el sur). [24.07.2011]
Del apropiacionismo (en el folk madeinusa). [24.06.2011]
Introducing Archie Shepp [24.05.2011]
¡Voten por Ian Svenonius, el remedio contra la crisis! [24.03.2011]
De Mick Collins... Hey! Hey! We’re The Gories! [24.02.2011]
De Raymond Scott (entre el swing de Buggs Bunny y las máquinas de Karloff)[24.01.2011]
Del extraño caso de Captain Beefheart [24.12.2010]
Deerhunter [De Bradford Cox y su síndrome de Marfan] [24.11.2010]
De Nick Cave y sus secuaces [24.10.2010]
Fela Kuti. 2ª parte: del highlife al afrobeat [24.09.2010]
Fela Kuti, de África, y punto [24.08.2010]
De Mark Sultan y de la basura de Montreal [24.06.2010]
De Mark Lanegan, y de su voz [24.05.2010]
De KrautRock (2ª parte, München: Amon Düül II y Guru Guru) [24.04.2010]
De Pere Ubu como Ubu Roi [24.03.2010]
Back to Perú: Los Shain’s (Volumen 3) [24.02.2010]
A modo de recopilatorio clásico [24.01.2010]
¿Cuál es tu color favorito? De Living Colour y de saber volver [24.12.2009]
De la gran fiesta y la mala resaca. The Stone Roses [24.11.2009]
De los Flaming Lips, por encima del bien y del mal [24.10.2009]
De Yo La Tengo, 25 años sin exigencias. [24.09.2009]
Reivindicando a Screamin’ Lord Sutch. [24.07.2009]
Sonic Youth Vs. Dinosaur Jr. De una historia que quizás se repita [24.06.2009]
The Monks. De la blasfemia trasatlántica [24.05.2009]
Del otro Hitchcock, Robyn “El Egipcio” [24.04.2009]
Boris Vian, de lo posible y lo imposible [24.03.2009]
De Los Saicos, los más locos del Perú (volumen 2) [24.02.2009]
De Led Zeppelin, y del apropiacionismo [24.01.2009]
De los mejores álbumes del 2008. Tu eliges... [24.12.2008]
De Fugazi, o de Ian MacKaye [24.11.2008]
Los York’s, de aquellos locos del Perú (volumen 1) [24.10.2008]
De Robert Smith y de los 'supporters' del siglo pasado [24.09.2008]
Mudhoney, la supervivencia de los pioneros [24.06.2008]
De los dos Pierres, Schaffer y Henry [24.05.2008]
The Sonics. El retorno de los modernos trogloditas [24.04.2008]
KrautRock (1ªparte): de improvisación y metronomía [24.03.2008]
De Messer Chups o el theremin diabólico [24.02.2008]
De Bauhaus, o el ritmo sobre la oscuridad [24.01.2008]
De Paco Charlín, o el ‘do it yourself’ en el siglo XXI [24.12.2007]
De John Lydon, entre Rotten y Mr. Hyde [24.11.2007]
De Mark E. Smith (o al revés) [24.10.2007]
De Colin Newman, el del pelo negro [24.09.2007]

miércoles, 22 de enero de 2014

David Roberts "Crónicas del Rock"

A finais do pasado novembro vos recomendábamos o fantástico volume de Michael Azerrad (Nuestro grupo podría ser tu vida) que repasaba as 13 principales bandas do underground estadounidense (e que ó fin se publicaba aquí con moito retraso), pola mesma época se publicaba en España outro volume con carácter moito máis enciclopédico e moito máis recente.
O musicólogo David Roberts publicou no 2012 este enorme "Rock Chronicles" e só un ano despois se publicaba aquí: "Crónicas del Rock (Una historia visual de las 250 mejores bandas de todos los tiempos)" repasa polas súas case 600 páxinas todas esas curiosidades e anécdotas que a miúdo surxen en moitas conversas musicais sobre esa selección persoal das bandas que Roberts considera fundamentais no último medio século. 
Un libro de consulta, que cando o empecemos a compartir, seguro que provoca moitas máis discusións das que pretende resolver...

DAVID ROBERTS "Crónicas del Rock 
(Una historia visual de las 250 mejores bandas de todos los tiempos)"
(Lunwerg Editores, 2013)

Aquí tedes unha boa reseña sacada do blog ProperaParada:Cultura.

“El rock ‘n’ roll NO HA MUERTO. Puede que quieras hacer la prueba personalmente. Si te parece demasiado ruidoso, a lo mejor el que está muerto eres tú”. Excelente cierre del prólogo de Alice Cooper para estas “Crónicas del rock” de David Roberts, una espléndida historia visual de las 250 mejores bandas de los últimos cincuenta años.
Por supuesto la elección de las bandas es personal, faltan muchas de ellas, y por supuesto también sobran bastantes. Desconocemos la razón de porqué unas sí y otras no, ya que las hay muy vendedoras o poco vendedoras, con una trayectoria muy longeva o con una carrera muy corta, con infinidad de miembros en sus filas o con los miembros originales desde su creación, con una discografía extensa o con tan solo dos o tres discos, pero todas ellas perfectamente documentadas, tanto en cuestión de discos, de miembros, de venta, de historia y todo ello muy potente visualmente.

Ordenado alfabéticamente desde AC/DC, los escoceses afincados en Australia, que doblaron las ventas de sus discos tras la prematura muerte de su cantante más carismático: Bon Scott, hasta ZZTop, los barbudos tejanos creadores de un himno como “La Grange”, que trataba del famoso burdel Chicken Ranch, el mismo que aparecía en la película de Burt Reynolds y Dolly Parton, “La casa más divertida de Texas”, encontramos bandas para todos los gustos, siempre en el amplio abanico del rock and roll, donde encontramos Blues Rock, Rock Duro, Rock Clásico, Experimental, Country Rock, Grunge, Progresivo, Psicodelia, Metal, Alternativo, Glam, Folk Rock, Nueva Ola, Rock Suave, Punk, Pop Rock o el básico Rock and Roll de Elvis Presley.

Leyendo este inmenso volumen nos damos cuenta de que el rock está muy vivo, en constante evolución, mezclándose unos con otros, dando nuevas formas, pero siempre haciéndonos vibrar, el rock and roll goza de la mejor salud en años.
Roberts realiza un excelente trabajo de documentación junto a infinidad de colaboradores, demasiados para que aparezcan todos sus nombres aquí, y la muestra como si wikipedia hubiera saltado a las páginas desde el ciberespacio, todo ello suplementado con infinidad de fotografías de los músicos y de las portadas de los discos de los grupos.
Destaca la cantidad de discos vendidos, siempre contando los super ventas, en la parte superior derecha de las páginas, desde los 38 millones vendidos por Led Zeppelin de su famoso “Led Zeppelin IV”, donde aparecía su no menos famosa “Stairway to heaven”, hasta las 100.000 copias de Einstürzende Neubauten.

El libro finaliza con la lista de los ganadores de premios grammy concedido a artistas de rock que aparecen en el libro, junto a los intérpretes del Salón de la Fama del Rock ‘n’ Roll y cavaba con un listado de los colaboradores del libro.

Un excelente libro de consulta, para los amantes del rock en todas sus vertientes, y esencial para los neófitos que quieran resultar snobs en conversaciones musicales en un principio banales.

Thee Silver Mt. Zion Memorial Orchestra "Fuck Off Get Free We Pour Light On Everything"

E seguimos recomendándovos álbumes recén saídos neste 2014.
Agora toca o da nosa orquesta punk favorita, os canadenses Silver Mt. Zion, en calqueira das súas nomenclaturas, neste caso coma Thee Silver Mt. Zion Memorial Orchestra, e que xa hai tempo que deixaron de ser considerados coma unha extensión dos Godspded You! Black Emperor  para cobrar entidade propia, sobre todo dende o "15 blues for thirteen moons" do 2008. 
A semana pasada publicaron este fantástico "Fuck Off Get Free We Pour Light on Everything" e dende entón xa nos ten hipnotizado...

Thee Silver Mt. Zion Memorial Orchestra 
"Fuck Off Get Free We Pour Light on Everything"
(Constellation Records, 2014)




martes, 21 de enero de 2014

James Cotton "Cotton Mouth Man"

O 2013 foi un ano especialmente bo para os máis veteranos. Un deses casos foi o do discazo de James Cotton "Cotton Mouth Man", que con case 80 anos fai toda unha actualización do son chicago blues para o que acompañou á súa armónica con persoal tan grande coma Gregg Allman, Joe Bonamassa, Ruthie Foster, Delbert McClinton ou Warren Haynes, case nada...

JAMES COTTON "Cotton Mouth Man"
(Alligator Records, 2013)



lunes, 20 de enero de 2014

descarga Jamaican Roots Pure Dynamite!!

Aquí tedes unha hora mesturada da sesión do venres, unha entrega pouco habitual da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! adicada desta vez ós vellos sons de Xamaica, aínda que aquí case todo é rocksteady: Pure Dynamite!!

Psych.Munstaphà "Jamaican Roots Pure Dynamite" (NSFSeries Vol.17)
(sesión Rif-Rock 17 xaneiro 2014)



Ven.24: Trash Trash Trash

E para este venres (24 de xaneiro) outra entrega de Trash Trash Trash... 
unhas cantas hora de basura mesturada con moito de David Lynch.


domingo, 19 de enero de 2014

outra gran noite cos OdioComicSans.djSet

Menudos fenómenos os catro vingadores de OdioComicSans.djSet!! 
Gracias rapaces por outra gran noite!!! Seguídeos no blog OdioComicSans.
Nas próximas semanas xa subiremos o material que nos envíen... 


viernes, 17 de enero de 2014

Sáb.18: OdioComicSans.djSet!!

E mañán mesmo será cando os vingadores tipográficos de OdioComicSans asalten de novo a cabina do Rif-Rock. 
Comomepos Produccións traenos ós catro responsables da web convertidos en dj.set cos seus diferentes estilos, e prometen traer ó mesmísimo Billy Childish!! 
Como eles mesmos nos recordan <<o medo ten que cambiar de bando: Morte a Comic Sans!>>. OdioComicSans.djSet, o Sábado 18, despois da medianoite... 
Non vo-lo perdades!! 


esta noite: Jamaican Roots, pure dynamite!!


Laurel Aitken. Live in London 1989


jueves, 16 de enero de 2014

David Falcón: concerto completo do 21 de dec.

Con moito máis retraso do habitual polas vacacións, retomar traballo atrasado etc... aquí tedes por fin o concerto completo de DAVID FALCÓN do 21 de decembro do 2013 que pechaba os concertos do ano no Rif-Rock, e un dos pratos fortes para comezar con todo o programa de Nadal.
Foron un par de horas de concerto, acompañado de moitos amigos, e colaboradores noutras bandas, cos que repasou temas do seu repertorio en solitario, xunto con Manu Méndez atacando moitas versións, outras moito máis sentidas xunto con Kike Barreiro, repasando temas da súa vella banda (os Henry Warnimont) xunto con Alberto Chaves, e dos actuais Radioactive Toy, e presentándonos en formato acústico o seu novo proxecto xunto con Méndez e Andrea Area: THE SHARKNADOOS, e vaia se triunfaron... Unha gran noite!!

Xa tedes todo o concerto subido repartido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido aquí en lista de reproducción:


David Falcón (concerto pt.1)


David Falcón (concerto pt.2)


David Falcón (concerto pt.3)


David Falcón & Sharknados (concerto pt.4)


David Falcón (concerto pt.5)


miércoles, 15 de enero de 2014

The Fleshtones "Wheel of Talent"

Xa comezan a chegarnos os primeiros álbumes deste 2014, e un dos que máis agardábamos, é o novo traballo dos enormes The Fleshtones!! "Wheel of Talent" é xa o seu 22º álbum de estudio se non nos fallan os cálculos, e unha entrega máis do garage mestizo máis divertido que poidades escoitar. 
Aínda que este álbum non estará entre os mellores da súa carreira a súa fórmula de super rock segue a funcionar perfectamente, e si alomenos serve para poder velos nunha nova xira, xa nos parece fantástico!!

THE FLESHTONES "Wheel of Talent"
(Yep Roc, 2014)


Xa o podedes atopar por moitos sitios, pero si queredes probalo antes aquí tedes o álbum completo:


martes, 14 de enero de 2014

descarga "Guerrilla Girls" de Marinocha

E seguimos compartindo sesións. Aquí tedes a de Marinocha que coma tódo-los anos inaugurou o 2014 na cabina do Rif-Rock, en plan Guerrilla Girls!!

Marinocha Über Alles "Guerrilla Girls"
(sesión Rif-Rock 4 xaneiro 2014)
descarga Guerrilla Girls aquí.



esta semana: Jamaican Roots & OdioComicSans

Non vos perdades este fin de semana no Rif-Rock: 
O venres 17 unha entrega moi distinta das series Black Grooves, adicada ós vellos sóns de Xamaica: Pure Dynamite!! 
E o sábado 18 non vos perdades un novo asalto dos catro responsables da web OdioComicSans en plan djSet á nosa cabina.


lunes, 13 de enero de 2014

descarga GZ Canibal 2013

E aquí está unha vez máis a nosa selección do GZ Canibal de cada ano!! escollida e mesturada a golpes por Kurco e Munstaphá. A ver se vos gusta...

Munstaphá Vs.Kurco "GZ Canibal (singles2013)"
[sesión Rif-Rock 11 xaneiro 2014]
faite con GZ Canibal 2013!!



descarga Singles2013 [kurco vs munstaphà]

Aquí tedes a nosa selección do 2013 saída da sesión do sábado, toda unha noite pelexando coas nosas listas, e todo mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá (iso sí, o especial GZ Canibal vai aparte). Aquí tedes dous volumes con 41 temas en total. A ver se vos gustan...

KURCO VS. MUNSTAPHA "Singles2013"
[sesión Rif-Rock 11 xaneiro 2014]
faite con Singles2013: Volumen#1 e Volumen#2.


domingo, 12 de enero de 2014

Kurco vs Munstaphà

Aquí tedes os dous personaxes da sesión de onte, o Kurco vs Munstaphà ía ser walter White vs Heisenberg, e finalmente foi un Putin vs Tolokónnikova... aínda que algún preguntou se era algo de Good Wife (!!!)... Singles2013.


viernes, 10 de enero de 2014

Sáb.11: Singles2013

Mañán mesmo, sesión Singles2013 (sábado 11 de xaneiro) con Kurco Vs. Munstaphà dende a cabina, unha noite para destripa-los mellores singles, álbumes e bandas do 2013. [seguídeo todo en singles2013].


Sáb.18: OdioComicSans.djSet

E aínda temos unha data máis na nosa programación de xaneiro2014. 
Outra vez teremos a todo o persoal do blog Odio Comic Sans na nosa cabina, da man de Comomepos Produccións que xa se quería estrear neste ano asaltando a nosa programación. 
Así que apuntade: sábado 18 de xaneiro OdioComicSans.djSet, os catro vingadores tipográficos tomarán a cabina do Rif-Rock.
Podedes botarlle un ollo a todo o material que nos deixaron na súa sesión de abril do ano pasado nesta entrada.


jueves, 9 de enero de 2014

Muerte por Cowbell, mellor momento Rif-Rock 2013

E logo dunha semana de escasas votacións, xa podemos proclamar ó show dos Muerte por Cowbell coma o mellor momento do 2013 no Rif-Rock por abrumadora maioría. 
O seu concerto foi o 16 de febreiro do 2013, unha aposta moi arriscada de Carlos, Michi, Noa e Sito para homenaxear ó xigante Frank Zappa, que resolveron con moita gracia e un par de collóns enormes!! Podedes revisalo todo nesta lista de reproducción, pero por quedarnos con unha, escollemos a súa adaptación máis persoal, Muffin Man convertida no Home Filloa
Impresionantes!! e merecido...



"Floating Coffin" a mellor portada do 2013

Outra das cousas nas que sempre poñemos moito empeño ó longo do ano é o das portadas que máis nos gustan. A mellor do 2013 con moita diferencia é para Thee Oh Sees e o seu "Floatin Coffin" con esa composición caleidoscópica de fresas, ollos e dentes . Os autores Matt Brinkman e John Dwyer




miércoles, 8 de enero de 2014

GZ Canibal 2013 en 5 discos

O 2013 foi outro ano excepcional para a música nesta esquina do mundo, con algunhas malas novas polo medio, pero cunha avalancha de álbumes, eps, maquetas e edicións dixitais. Nos propuxeron deixalo en 5, e coma nos álbumes internacionais tamén nos costou, pero finalmente deixamos fora ós traballos de bandas tan diversas como Lendrone, Trampoline ou Lobishome, pero definitivamente estes son os nosos 5 álbumes do GZ Canibal do 2013:


5_
NIÑO Y PISTOLA 
"There's a Man with a Gun Over there"
(Ernie Records, 2013)

Cuarta entrega dos Niño y Pistola, que cada vez coan máis a Neil Young. Volven con outro álbum conceptual, neste caso a historia de Tom, que decide mercar un revolver para matar ó seu xefe... e aínda que esté inspirado nun persoaxe dos USA nos anos 50 cada vez semella máis actual.



4_
CAMARADA NIMOY
"Camarada Nimoy LP"

(autoeditado Camarada Nimoy, 2013)

Surf, jazz, swing, psicodelia sixties, e inspiración no cine de serie b. Os vigueses Camarada Nimoy foron seguramente a mellor sorpresa do ano, a pesar de ser xa uns veteranos, e os seus directos unha auténtica festa de baile, audiovisual e viaxes estelares. 8 instrumentais a golpe de theremin e moito señor Spock.



3_
TRIANGULO DE AMOR BIZARRO
"Victoria Mistica"
(Mushroom Pillow, 2013)

Terceiro lp de estudio dos TAB, xa totalmente consagrados cara escenas moito maiores que o noso GZ Canibal. Tras varios retrasos chegou "Victoria Mística", e non foi ata finais de ano que lanzaron o vinilo. En calqueira caso cumpliron sobrados coas espectativas, outro disco bestial, agora só falta que os indies do hype cambien LOL por TAB.



2_
CURTINAITIS 
"Curtinaitis LP"
(Lixo Urbano, 2013)

Outro dos debuts en lp máis sorprendentes foi o dos composteláns Curtinaitis. Un álbum homónimo de oito temas de rock enérxico de factura moi hardcore pero cheo de matices psych e funk. A edición vai a cargo de Lixo Urbano, e se tedes ocasión de velos en directo non dubidedes en facelo.



1_
UNICORNIBOT 
"Mambotron"
(Matapadre, 2013)

Math-rock, post-hardcore, tropicalismo... o que queirades, pero o 3º álbum dos Unicornibot segue a subir de nivel. Moitos pensaban que o "Dálle" do 2012 era dificil de superar, aquí esta "Mambotrón", 11 trallazos delirantes de rítmos poderosos, guitarras contundentes e cambios impecables. Sen dúbida o mellor do ano!!


10 álbumes do 2013

Logo de varias cribas, chegou a hora... aquí tedes a nosa selección cos 10 mellores álbumes do 2013. 

Quedáronse fora outros tantos discazos, coma en todas partes, pero ante o escaralle xeral que están a provocar as listas que publican algúns medios, nós botamos en falta todos estos na maioría das publicacións. Ademáis costounos moito deixar atrás álbumes tan bós coma os de King Khan & The Shrines ("Idle no more"), o "Here comes..." de The High Learys ou o "Whereabouts" dos Frowning Clouds. Apuntade de paso un par de álbumes de jazz que nos encantaron coma o "Liquid Spirit" de Gregory Porter e o "Time Travel" de Dave Douglas, ou o "Victim of Love" do soulman Charles Bradley. Tamén outros máis eclécticos coma o "II" dos Unknown Mortal Orchestra, ou algún dos varios proxectos de Robert Pollard (entre Guided by Voices, Devils Circus e Pollard en solitario). Pero sobre todo costounos deixar dous fora, o "Back to Land" dos Wooden Shjips e o "Desperation" dos Oblivians, para facer trampa estivemos a punto de facer unha lista de os 13 dos 2013, pero finalmente cumprimos co prometido de deixalo en 10.

Así que sen máis preámbulos, aquí os tedes. Xa nos comentaredes que vos parece. Para nós, estes foron os mellores álbumes do 2013:


10_
BEN HARPER with CHARLIE MUSSELWHITE 
"Get Up!"
(Stax Records, 2013)

Despois de bastantes anos deixándonnos traballos moi irregulares, Ben Harper voltou neste 2013 para deixarnos todo un discazo de blues xunto cun dos bluesman máis míticos, o xenio da armónica Charlie Musselwhite, e lanzado dende o mítico selo Stax... Este "Get Up!" contén algunha melodía soul, un par de ramalazos moi rockeiros e logo blues sen contemplacións en tódo-los seus paus posibles.



9_
CALIBRO 35 
"Traditori di Tutti"
(Record Kicks, 2013)

Este é un dos álbumes que máis escoitamos ó longo de todo o ano. "Traditori di Tutti" é o terceiro álbum dos italianos Calibro 35, hoxe en día unha das mellores e máis potentes bandas europeas de funk rock. Nesta traballo recrean a súa propia banda sonora da novela "Traditori ti Tutti" de 1966 de Giorgio Scerbanenco, un dos mestres da novela negra italiana. Por suposto tódo-los títulos fan referencia a persoaxes e pasaxes da novela, e sempre a toda pastilla e con ritmos mois potentes... e por suposto os seus videos son como a adaptación cinematográfica que nunca se fixo!! Discazo!!



8_
TY SEGALL 
"Sleeper"
(Drag City, 2013)

Promocionado coma un álbum depresivo, con tanta insistencia nas traxedias que rodearon a súa vida persoal nos últimos meses, que case te obrigan a deprimirte na primeira escoita, pero aínda que "Sleeper" é un álbum moito máis explicito e duro nas súas letras, mantén a súa linea literaria igual de desenfadada que sempre, a gran diferencia é que se trata dun álbum acústico, se iso é posible no seu universo ultra-lo-fi... pero o certo é que sí, cambia guitarras eléctricas por acústicas, e todo semella máis sinxelo, tranquilo e coherente... pero non vos deixedes enganar, segue a ser outra entrega de Ty Segall, coas melodías de sempre que xa lle gustarían a moitos.




7_
NICK CAVE & THE BAD SEEDS 
"Push the Sky Away"
(Bad Seed Ltd., 2013)

A pesar de que Nick Cave conta en case tódo-los seus proxectos cos seus colaboradores habituais, había xa cinco anos do seu último traballo firmado con The Bad Seeds. E lonxe de aquel "Dig, Lazarus, Dig!!" retoman o seu lado máis intenso e tenebroso, máis pausado pero igual de furioso e socarrón que noutras ocasións, sempre mantendo unha tensión a punto de estoupar, aínda que nese complicado equilibrio desta vez sempre gaña a contención. Dende os susurros da inicial 'We no who u r' ata o 'Higgs Boson Blues' que ten ós únicos momentos de rock fugaz, e por suposto a estremecedora 'Jubilee Street', que case por ela soa vale máis que moitos discos enteiros.



6_
BASS DRUM OF DEATH 
"Bass Drum of Death"
(Innovative Leisure, 2013)

Unha marabilla que gaña con cada escoita. Rápido, furioso e divertido, son once cañonazos sen pausa, de inspiración sixtie, de garage psych, toques surf, saturado de fuzz, e con bastante cacharrería, o mesmo que o anterior, con boas melodías e coas pausas xustas para non esgotar a fórmula, e así se suceden un tras doutro 'I wanna be forgotten', 'Shattered me', 'No Demons', 'Fine Lies' ou 'Way Out' ou a estremecedora 'Faces on the wind'. John Barrett xa firmou o mellor álbum para este blog no 2011, e agora repite moi arriba coa segunda entrega dos BDOD.



5_
GRANT HART 
"The Argument"
(Domino, 2013)

Das dúas cabezas máis visibles do míticos Hüsker Dü, Bob Mould sempre recolleu moito máis recoñecemento e certo éxito cos seus proxectos e traballos posteriores, aínda que planos e por veces máis que aburridos, mentres que o cantante e batería Grant Hart seguiu arriscando en novas fórmulas, ben con Nova Mob ou coa súa carreira en solitario. Nos últimos anos semella coma se estivera botando os restos, aumentando o seu ritmo de publicacións, por se lle quedara pouco ou algo así... de saúde non anda moi ben, pero iso xa é unha apreciación nosa. 'The Argument' son 20 temas inspirados na revisión teatral de William S. Burroughs sobre o Paraíso Perdido de John Milton nos que ataca tódo-los paus da súa carreira, pop preciosista, folk, psychodelia, algúns ramalazos punk, glam e por suposto power pop por todas partes, ademáis de algún pasaxe máis truculento. Grant Hart still alives!!



4_
DEERHUNTER 
"Monomania
(4AD, 2013) 

Deerhunter publicaron no 2010 un dos mellores álbumes que recordamos nos últimos anos, aquel "Halcyon Diggest" era unha ruptura total con todo o que fixeran antes, se ben tódo-los proxectos de Bradford Cox eran unha fuxida do anterior, en catro álbumes e media ducia de eps pasaron do noise máis cáustico ó dream pop sesentero do 2010, de ruidismo e metrónomos kraut ata as melodías perfectas de hai uns anos. 
Neste "Monomanía" é coma si estivera posuído polo espiritu do seu amigo Jay Reatard e fuxen de todo o pop luminoso e preciosista (aínda que aparecen momentos) para entregar unha colección furiosa de temas lo-fi de inspiración garaxeira, dende a inicial 'Neon Junkyard' ata a perfecta 'Dream Captain', a abrasión pura de 'Monomania' ou a máis psychodélica 'Sleepwalking'. Outro álbum perfecto dos Deerhunter.



3_
THE BEVIS FROND
"White Numbers"

(Woronzow, 2013)

Este "White Numbers" é algo así como a vinganza dos Bevis Frond, por que Nick Saloman volve coma un dos seus vellos traballos e ademáis ó grande. Só con ver esa portada cutre, enxebre e coma se estivera feita a toda presa, sabes que o mellor Saloman está de volta. Son 24 temas que suman máis de 2 horas de de tódo-los seus rexitros posibles, dende pop luminoso, furiosos cañonazos acelerados, distorsión, power pop e sempre con esa cadencia de psychodelia sixtie e as súas melodías perfectas. Só coa inicial 'Begone' e a súa forza pecha tóda-las bocas dos que botábamos de menos os seus temas de outros tempos, e dende ahí de todo o que poidades imaxinar, temas breves e directos ou longos desenrolos ata a despedida coa mastodóntica 'Homemade Traditional Electric Jam' de nada máis e nada menos que 42 minutos de instrumental!! Un dos maiores xenios da psychodelia e do rock do último cuarto de século nun estado de forma incrible, ademáis un dos nosos imprescindibles!!



2_
THEE OH SEES 
"Floating Coffin"
(Castle Face Records, 2013)

Cada ano sempre hai un álbum dos Thee Oh Sees entre os favoritos aínda que moitas veces non reciban o recoñecemento xeral. Cecais a súa gran actividade sexa un inconvinte aínda que quenes os seguimos esteamos encantados, pero desta vez parece que conseguiron face-los seu gran álbum. Segundo John Dwyer había moito tempo que non facían un álbum entre tódo-los membros da banda, e dende que a comezos de ano lanzaran de xeito gratuíto o seu primeiro single 'Minotaur' centraron a atención unánime de case todos. Desta vez o clavaron!



1_
THE SUFIS 
"Inventions"
(Ample Play Records, 2013)

No 2012 firmaron un dos debuts que máis nos chamaron a atención, e para esta segunda entrega afondaron aínda máis no pop psychodélico. Moitos toques de folk, sitares e xogos de voces. Dende que comeza co 'All of the Time' coa base do Taxman, ou pezas tan divertidas coma 'No Expression', neste álbum vos será imposible escoller cal é a vosa canción favorita. Sí, apesta a Beatles, a Soft Boys, a Syd Barrett ou calqueira outro artefacto beat pasado de voltas, o mellor pop psych dos 60s, pero sempre directos e urxentes, todo-los temas resoltos en menos de tres minutos para que lle poidas dar tantas voltas seguidas como queiras.



martes, 7 de enero de 2014

5 video clips do 2013

Comezamos coas nosas seleccións do mellor do ano, aquí van os nosos  cinco videoclips preferidos do 2013.


David Bowie 'The Stars (are out tonight)'




Calibro 35 'Giulia mon amour'




Hanni El Khatib 'Pay no Mind'




Wooden Shjips 'Back to Land'




King Khan & The Shrines 'Darkness'



lunes, 6 de enero de 2014

inaugurando o 2014

quedou inaugurado o 2014... 
e de paso xa vos imos avisando que faltan 8 meses para a festa do bigote!!



sábado, 4 de enero de 2014

esta noite... Marinocha Über Alles!

E esta noite comezamos coa actividade neste 2014! coma sempre a encargada da primeira sesión do ano será Marinocha, desta vez en plan Guerrilla Girls!!

E lembrade, o domingo máis Rif-Rock que é véspera de festivo eh?


viernes, 3 de enero de 2014

Ven.24: Trash Trash Trash

E para o venres 24 outra de Trash Trash Trash, en plan Eraserhead e moito David Lynch, basura mesturada por cabezas borradoras...


Ven.17: Jamaican Roots! Pure Dynamite

Xa vos anunciamos o cambio de data da sesión Jamaican Roots, que ía ser en decembro, pero por saturación do programa optamos para deixalo para máis adiante... solo por ver a Laurel Aitken no cartel a algún xa lle tardaba de máis. Será o venres 17 de xaneiro, unha entrega distinta da serie Black Grooves: Pure Dynamite!.


Sáb.11: Singles2013

E xa vai sendo horas que poñamos orde a todo o que temos para este mes de xaneiro, este mesmo sábado comezamos con Marinocha, pero comezamos con todo o que ven despois.
A seguinte semana toca a sesión Singles2013 (sábado 11 de xaneiro) con Kurco Vs. Munstaphà dende a cabina, unha noite para destripa-los mellores singles, álbumes e bandas do 2013. Para o cartel estivemos a voltas con Bárcenas, Walter White vs Heisenberg e cousas semellantes, pero finalmente aquí tedes a opción gañadora: Nadezhda Tolokónnikova das Pussy Riot.

Ademáis podedes seguir todo o noso resumo do ano, listas e demáis coa etiqueta singles2013.