lunes, 28 de abril de 2014

"It's All Over Now"

Xa había tempo que non sonaba en directo o 'It's All over now' no Rif-Rock, e tiña que ser a RifRocKerZ Experience no seu concerto do 12 de abril, nese ó homenaxe a Brian Jones como escusa para repasar a primeira época dos Rollíng Stones. Foi o último tema do seu set antes do bis, e quedoulles así de ben:


O tema en realidade é de Bobby Womack que a escribiu para o selo SAR Records (de Sam Cooke) e alí adxudicáronlla ó grupo The Valentinos [audio da súa versión], que a publicaron en xuño de 1964, momento no que os Rolling Stones estaban de xira polos USA, a escoitaron e decidiron grabala unhas semanas despois a pesar da negativa de Womack. O seu 'It's All Over Now' foi incluído no seu segundo álbum publicado en USA "12x5" en outubro dese mesmo ano, e logo convertido en single para o mercado británico, donde se convirteu no primeiro número un da banda. Logo Womack lles dixo que podían coller tóda-las súas cancións que quixeran.

Pero este tema xa ten sonado en directo no Rif-Rock numerosas veces da man dos espectaculares Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Aquí o tedes nun dos seus últimos concertos polo entroido do 2009:


No hay comentarios: