martes, 15 de abril de 2014

Thee Oh Sees "Drop"

Despois de que o seu álbum "Floating Coffin" do ano pasado fora aclamado como o mellor do ano en gran parte dos medios especializados, Thee Oh Sees anunciaban a súa separación, para unhas semanas despois anunciar o lanzamento do seu seguinte album... Tras varios anuncios cambiando o nome, e un par de videos de adianto, sairá este mesmo sábado (polo Record Store Day) e definitivamente se chama "Drop". Xa o podedes escoitar completo nos avances de Pitchfork, e tamén vai aparecendo polo sitios habituais...
"Drop" son 9 temas que van dende o cañonazo inicial con 'Penetration Eyes' ata o relax final de 'The Lens', con todo o discurso de psychodelia, garage, e pop habitual. Sen dúbida unha das bandas máis en forma do momento!!

THEE OH SEES "Drop"
(Castle Face Records, 2014)



No hay comentarios: