jueves, 3 de abril de 2014

Wilko Johnson & Roger Daltrey "Going Back Home"

Supoño que uns cantos coñeceredes a historia recente de Wilko Johnson, diagnosticado dun cancro terminal de páncreas hai máis de ano medio, decidiu que a mellor forma de despedirse era facer unha xira, e así foi. Pero ahí sigue para contalo, aínda que sabedor que o seu tempo remata. Coma se fora unha prórroga, o que fora salvaxe guitarrista dos Dr. Feelgood aínda ten folgos para preparar un novo epitafio, volver a grabar vellos temas xunto con Roger Daltrey (The Who), e aquí está este "Going Back Home" con 11 temas de rhythm'n'blues e a súa poderosa e inesquecible guitarra unha vez máis...

WILKO JOHNSON & ROGER DALTREY "Going Back Home"
(Chess Records, 2014)



No hay comentarios: