miércoles, 18 de junio de 2014

Reigning Sound "Shattered"

Un dos álbumes que máis estabamos agardando nos últimos meses, era o novo dos Reigning Sound. "Shattered" é o sexto álbum dos de Memphis, e despois do tema de adianto, e as notas de prensa que o acompañaban, anunciándonos de que sería un disco de baladas con algo de rock... pois aquí está, e a cousa tampouco é para tanto. Eso sí, esquecédevos de calqueira reminiscencia a The Oblivians, Greg Cartwright está noutra cousa, e o feito de graba-lo álbum nos estudios de Daptone Records xa di bastante. Cun teclado omnipresente, que é o máis parecido ós anteriores álbumes de Cartwright cos Reigning Sound, polo demáis once temás que se achegan ó r'n'b, con medios tempos e moito soul. Sona moi ben pero teremos que dixerilo con calma... 
Da portada mellor nin falamos.

REIGNING SOUND "Shattered"
(Merge Records, 2014)



No hay comentarios: