miércoles, 25 de junio de 2014

THE SHARKNADOOS, o concerto.

O sábado pasado volvimos coa música en directo ó Rif-Rock, e como prato forte do mes de xuño o fixemos coincidir do Día Internacional da Música, e tamén por que xa tocaba para ir collendo ritmo para o programa do noso 15º Aniversario.
Os protagonistas foron The Sharknadoos, no seu formato acústico, un trío cos xa habituais da casa David Falcón e Rubén Iglesias (baixo e guitarra), que por fin nos presentaban o seu novo proxecto xunto coa impresionante voz de Andrea Area.
Foron un total de 15 temas de soul, blues e rock, con covers de grandes como Aretha Franklin, Marlena Shaw, Nina Simone, Gloria Jones ou Janis Joplin, ata bandas como Led Zeppelin, The Doors, Canned Heat , Rolling Stones ou The Who. 

Xa tedes todo o concerto subido repartido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido aquí en lista de reproducción: 

No hay comentarios: