miércoles, 11 de junio de 2014

"Who I Am" as memorias de Pete Townshend

Pete Townshend é sen dúbida un dos máis grandes do último medio século, como músico, como símbolo e como pesonaxe, todo un revolucionario da cultura popular e que agora, ó fin nos chegan as súas memorias da man de Malpaso Ediciones. 
Townshend fai en "Who I Am" un repaso pola súa vida, a carreira con The Who, as súas influencias e a súa relación con outras bandas e músicos da súa xeración, a sobre os seus traballos en solitario tanto musical como literaria e ensaísta. 
Din que comezou a escribir estas memorias a mediados da década dos 90 pero por diversos motivos foise retrasando ata culminar nestas máis de 500 páxinas que se publicaron na súa versión orixinal no 2012. 
Podedes atopar unha boa introducción na nova de onte en El País.

PETE TOWNSHEND "Who I Am. Memorias"
(Malpaso Eds., 2014)


Así no-lo presentan na web de Malpaso:
Pete Townshend, leyenda viva del rock y uno de los grandes incendiarios que, desde llamaradas como los Beatles, los Stones, Cream o Pink Floyd, encendieron una tormenta destinada a pulverizar los tedios establecidos y dar forma a una nueva manera de no ser viejo.
Pete y sus colegas fueron audaces pioneros en la trituración pública de instrumentos musicales y otros enseres igualmente valiosos, el abuso recreativo de sustancias no recomendadas por las autoridades sanitarias y el comercio carnal e indiscreto con admiradoras más o menos ingenuas. Pero Townshend es también el creador introvertido, el chico extraviado y el hombre roto que intenta comprender sus flaquezas para sobrevivir a sí mismo. De todo ello ofrece testimonio Who I Am, una de las memorias más auténticas y ambiciosas que se haya escrito nunca en el Olimpo de la música popular.


No hay comentarios: