miércoles, 2 de julio de 2014

Hoxe cumprimos 15 anos!!!

Hoxe o Rif-Rock cumpre 15 anos!!
Dende aquel 2 de xullo de 1999 que abrimos as nosas portas para ofrecer a todos un espazo no que compartir unha música diferente ao que se ofrecía naquel momento na nosa vila. 
15 anos nos que pasaron unha ducia de persoas que traballaron con nós para facer máis grande ó local, ademáis de outros moitos que sempre colaboraron desinteresadamente para facer viables moitas das nosas actividades. 
15 anos que nos deron para acoller case un cento de concertos, de veteranos e profesionais que facían un oco para o noso local polo mero pracer de tocar alí, tamén para novas bandas da nosa vila que non tiñan donde tocar, pero sobre todo para os nosos amigos e habituais do Rif-Rock que sempre estan dispostos a facer algo así como ensaios con público que dan forma a todas esas bandas efímeras marca da casa. Xa sabedes todos quenes son, e nunca lles estaremos suficientemente agradecidos. 
15 anos nos que tivemos tempo de colaborar estreitamente con entidades e asociacións para organizar festivais, de música, de arte, exposicións, audiovisuais, torneos de baloncesto, para publicar durante anos un fanzine estupendo e colaborar en pequenas edicións de amigos. Tamén nos encargamos de producir e editar unhas cantas maquetas de novos valores da nosa vila, algún que outro evento delirante... e xa nin levamos a conta de toda a xente que pasou pola nosa cabina calqueira noite para compartir as súas seleccións musicais.
Non podemos enumerar a tóda-las persoas ás que tanto lles debemos nestes 15 anos por facelos posibles, pero todos sabedes quénes sodes, Gracias!! e gracias tamén ós que acudides, uns cada semana, e outros sinxelamente cando podedes ou cando vos peta, para seguir mantendo o mesmo espíritu co que comezamos.

E así ata hoxe, que cumprimos 15 anos, e aquí seguimos!!! así que a parrafada anterior está máis que xustificada, porque 15 anos nos se cumpren tódo-los días!!! Pero non o celebraremos ata a próxima semana. 
Será o Venres 11 e o Sábado 12 de xullo. Non vo-lo perdades!!

Para ver o programa completo do 15º Aniversario visita esta entrada.


No hay comentarios: