viernes, 17 de octubre de 2014

The Amazing Colossal Man

Últimamente xa só recuperamos a sección Mondo RifPOP através dos posters das entregas da serie Trash Trash Trash, e esta vai a ser outra desas ocasións. Para a sesión de mañan empregamos o cartel de War of the Colossal Beast (La Guerra de la Bestia Gigante) un deses filmes da serie B dos anos 50 que nos volve tolos, e que xa era a continuación de The Amazing Colossal Man do ano anterior, así que imos coas dúas.



A idea é básica é moi habitual no cine de terror e ciencia ficción da época, o terror atómico que tiña terribles consecuencias e mutacións en humanos, animais e plantas. A primeira entrega é de 1957, The Amazing Colossal Man (traducida como El Asombroso Hombre Creciente) comeza nunha base militar na que están facendo provas de exposición de soldados fronte a radiación, no momento da explosión da bomba algo falla xusto no momento que unha pequena avioneta se estrela no área da proba, e o coronel Manning (interpretado por Glenn Langan) sae en auxilio do piloto antes de que o experimento continúe... Vos podedes imaxinar que a explosión nuclear os colle en medio da operación, por que senón o resto da película xa non tería sentido. A radiación causa estragos no corpo de Manning pero para sorpresa dos médicos o seu corpo se rexenera a unha velocidade de vértigo, toda a súa pel se recupera de un día para outro, e a continuación comeza a crecer e crecer... ata os 60 pes de altura (case 20 metros) pero os seus órganos nos se desenrolan ó mesmo ritmo e comeza a ter problemas co seu corazón e o seu cerebro, vólvese tolo e escapa da base militar atacando a todo o que o rodea. Ademáis sumádelle á moza do coronel (Cathy Downs) que non deixa de seguilo para recuperalo.

Toda esta historia foi dirixida por Bert I. Gordon en 1957, para a solvente American International, e basada na novela de Homer Eon Flint de 1928 The Nth Man. Gordon foi todo un especialista neste tipo de filmes sobre monstruos e de sacarlle rendabilidade a presupostos mínimos. Como exemplo no mesmo ano estreouse a moito máis famosa The Incredible Shrinking Man (El increíble Hombre Menguante) de Jack Arnold para Universal, se ben esta se baseaba na novela do mesmo nome do ano anterior e con moitísimo más presuposto, e evidentemente con moito mellor resultado.

The Amazing Colossal Man (El Asombroso Hombre Creciente).
USA, 1957 American International Pictures
dir: Bert I. Gordon




Aínda que a primeira non foi un gran éxito, sí foi rentable para a productora, así que encargaron a Gordon unha continuación, e a cousa foi bastante rápida: en 1958 estreouse a secuela War of the Colossal Beast, traducida aquí como La Guerra de la Bestia Gigante ou La Guerra del Monstruo Gigante, según a edición. Nesta ocasión se traslada a México, donde se suceden roubos de camións de comida, e inmediatamente as autoridades militares sospeitan que o coronel Manning segue con vida, e por suposto, a súa moza segue convencida en recuperalo.
Nesta ocasión o presuposto foi tamén moi axustado, pero a Gordon iso dáballe exactamente igual. O reparto foi distinto, o especialista en monstruos cutres Dean Parkin foi o encargado de recrear ó xigante Manning, e Sally Fraser interpretou á súa moza, e incluso Gordon engadiu acertadamente os estragos do final anterior na cara do xigante, e como curiosidade, aínda que as dúas películas son en branco e negro, o final desta segunda entrega foi rodada en cor para dar máis fidelidade á escena da electrocución... pero xa son moitas pistas. 

War of the Colossal Beast (La Guerra de la Bestia Gigante).
USA, 1958 American International Pictures
dir: Bert I. Gordon


Mellor que lles botedes unha ollada nestas tardes de chuvia.


No hay comentarios: