jueves, 30 de octubre de 2014

The Fall "Live: Uurop VIII-XII Places In Sun and Winter, Son"

A estas alturas xa nin vos vou explicar nada da miña obsesión por The Fall, así que ó asunto. Nos últimos tempos Mark E. Smith está un pouco preguiceiro á hora de publicar directos da súa inesgotable historia, logo da sobredose dos anos 2005 a 2007, solo chegaron dúas edicións máis no 2009 e 2013, así que mentres agardamos polo seu novo álbum de estudio (estos contan a parte) nada mellor que este novo directo con título tan rebuscado. "Live: Uurop VIII-XII Places In Sun and Winter, Son" é unha recopilación feita polo propio Mark E. Smith de temas recollidos en concertos das súas xiras entre os anos 2008 e 2012 por Europa, poucas anotacións, créditos ou pistas de cada peza, The Fall en estado puro!

THE FALL  "Live: Uurop VIII-XII Places In Sun and Winter, Son"
(Cherry Red Records, 2014)



No hay comentarios: