jueves, 30 de octubre de 2014

Useless Eaters "Bleeding Moon"

Outra novidade recén saída este mes. O novo dos Useless Eaters.
Se vos gusta o lo-fi vaivos entsiasmar!! O proxecto comezou con Seth Sutton como solista, grabando temas na súa casa en Memphis, tras publicar varias demos e eps, comezou a incorporar xente á banda, ata o formato actual, e co que xa levan 5 Lps, unha ducia de eps e uns cantos recopilatorios. O seu segue sendo lo-fi de alto voltaxe, con melodías do punk clásico e moita velocidade, e con outro pe no rock psychodélico actual. Fantásticos!!

USELESS EATERS "Bleeding Moon"
(Castle Face Records, 2014)



No hay comentarios: