lunes, 5 de enero de 2015

tóda-las sesións dos 2014








Continuamos co repaso do 2014. 
Aquí tedes tóda-las sesións do ano, alomenos tóda-las que deixaron arquivos de descarga, que foron a maioría. Faltan algunhas de Kurco e Marinocha, unha das do Chief Bromden, de Rufo, unhas cantas da serie Black Grooves, como a última do 26 de decembro.... estivérades ali!!
O resto están todas aqui, 33 sesións para descargar, a ver cantas vos faltan...



Marinocha Über Alles "Guerrilla Girls" (4 xaneiro 2014)
Xa sabedes que unha das nosas tradicións é a de comezar o primeiro sábado de cada ano cunha sesión de Marinocha. Unha vez máis inauguraou o 2014 na cabina do Rif-Rock, todo un clasicazo, e desta vez en plan Guerrilla Girls!!
SINGLES2013 (11 xaneiro 2014)
Aquí tedes a nosa selección do 2013, toda unha noite pelexando coas nosas listas, e todo mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá (o especial GZ Canibal vai aparte). Aquí tedes dous volumes con 41 temas en total.
[ver entrada]

Singles 2013 GZ Canibal (11 xaneiro 2014)
E aquí está unha vez máis a nosa selección do GZ Canibal de cada ano!! escollida e mesturada a golpes por Kurco e Munstaphá. 
Con moita diferencia o mixtape máis descargado de cada ano. 
Jamaican Roots Pure Dynamite!! (17 xaneiro 2014)
Con esta comezamos unhas cantas entregas menos habituais da serie Black Grooves! adicada desta vez ós vellos sons de Xamaica, inspirada polo mítico Laurel Aitken, así que aquí case todo é rocksteady: Pure Dynamite!!
[ver entrada]

Odio Comic Sans dj.Set (18 xaneiro 2014)
O dj.set da web OdioComicSans volvían á nosa cabina da man de Comomepós Produccións. 
Cos seus catro responsables enfrontando diferentes estilos durante toda a noite. 
4 sesións para meter ó máximo volume!!

tRash Tra$h trAsH #9 #8 (24 xaneiro 2014) 
Xa tocaba nas entregas TrashTT un recordo a David Lynch, a través de Eraserhead no cartel, e con uns cantos temas dos seus filme e da súa composición, e mesturado coa mellor basura que atopamos no momento!!
[ver entrada]
tRash Tra$h trAsH #9 (15 febreiro 2014) 
O cartel de Astro Zombies era só unha pequena distracción para montar unha noite enteira  cos discos e bandas que máis nos gustan do rock psychodélico e alucinado destes últimos anos.
[ver entrada]


Fuck'U Whiteys... Black Grooves! 18 (21 febreiro 2014)
A finais de febreiro volvíamos coas sesións Black Grooves máis habituais, aínda que todo cheo de rhythm'n'blues, por que o punto funk saiu toda a noite de James Brown, sobre todo cos seus directos máis míticos.
[ver entrada]
Kurco SoundSystem (8 marzo 2014)
Despois da sesión de Singles2013, en marzo chegaba a primeira entrega de Kurco deste ano na nosa cabina. A portada do Touch me I'm Sick xa nos anticipaba unha morea de clásicos da época e outro tanto de ruído!!!
[ver entrada]

Jamaican Roots. Pure Dynamite! (14 marzo 2014)
Por petición de uns cantos incondicionais fixemos unha continuación destas entregas das Black Grooves adicadas ós vellos sons de Xamaica. Se na ocasión anterior nos centramos en Laurel Aitken, desta foi Don Drummond o maior protagonista: Pure Dynamite!! 
Sheriff Lorre (22 marzo 2014)
Ademáis de ser un dos nosos artistas favoritos en directo, sempre é todo un luxo contar co Sheriff Lorre na nosa cabina. Aquí tedes un mixtape de uns 40 minutos da sesión que nos deixou en marzo. Rock N'Soul! 
[ver entrada]
Marinocha Über Alles (5 abril 2014)
Segunda entrega de Marinocha neste 2014, con esa Marilyn desconsolada na ficha policial.
Unha sesión chea de bandas femeninas e cabreadas, aínda que na selección que nos fixo foi un pouco mais diplómatica. Über Alles!!! 
[ver entrada]

Dj Jaleo! (19 abril 2014)
Un audio de Jaleo non é o mesmo que velo en directo nunha das súas sesións enfrontándose a Rufo, pero é unha boa forma de recordalo ata que chegue a seguinte ocasión. Tamén dispoñible no seu mixcloud. A darlle volume!!
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #20 (25 abril 2014)
Non sempre subimos sesións para descargar de tóda-las entregas da serie Black Grooves! E esta foi a número 20 que subimos nestes últimos anos. Pero que non vos confunda o cartel, non busquedes nada de Betty Davis... Fuck'U Whiteys!!
[ver entrada]

Psych.Munstaphà (9 maio 2014)
O cartel coa Ptooff! dos Deviants xa deixou moitas pistas de por donde iban os tiros. Xa había tempo que non adicábamos unha noite ó son máis sixtie, pero desta vez foi todo moito máis arriscado e underground.
[ver entrada]

GZ Canibal: Marinocha Vs Munstaph'a  (17 maio 2014)
E aquí tedes o especial do 17 de maio do GZ Canibal que fixemos polo Dia das Letras 2014. Son dúas partes por separado de pouco máis de media hora cada unha, cara A e B, Marinocha Vs Munstaphà.
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #21 (23 maio 2014)
Outra entrega da serie Black Grooves, e con esta 21 subidas. A de maio foi unha sesión con algo de funk, pero repleta de vellos temas de rhythmblues. A selección da sesión quedou un puco máis equilibrada, con estos 20 temas de rhythm'n'funk.
[ver entrada]

Kratatz "Rockabilly Night!" (7 xuño 2014)
Aquí tedes todo o material que nos deixou Koko Kratatz da súa sesión do 7 de xuño. Unha noite de rockabilly sen concesións, chea de sons crudos e atacando tódo-los paus posibles. Tremendo material repartido en 2 volumes!!!
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #22 (27 xuño 2014)
Aquí tedes unha parte da sesión do venres da serie Black Grooves!!. Aquí tedes pouco máis de unha hora con 20 temas dos sons negros máis actuais. Moito revival funk, acid jazz, soul e r'nb destes últimos anos.
Kurco SoundSystem "W.White" (28 xuño 2014)
Outra entrega de Kurco SoundSystem, e para esta ocasión solo lle faltou a furgoneta-laboratorio. Todo salteado por temas fundamentais da serie de tv Breaking Bad, a ratos Walter White, a ratos Heisenberg...
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #23 (28 xullo 2014)
A golpe de luns, comezamos a semana do Albariño, en plan post-festa ó concerto do JFG de Paco Charlín, así que adicamos boa parte da noite ó jazz, dende estándares e clasicazos ata traballos máis recentes destes últimos anos.
[ver entrada]

15º Aniversario Rif-Rock SoundSystem (agosto 2014)
E semanas despois de celebra-lo noso Aniversario comezamos a distribuir o recopilatorio máis agardado de cada verán, e desapareceu nas nosas máns en un par de noites. Logo, coma sempre, xa o subimos para que tódo-los que quedaron sen el o puideran descargar. Así que aquí tedes a oportunidade unha vez máis, o recopilatorio do 15º Aniversario do Rif-Rock!. 
De paso tamén podedes rapasar todo o material seguindo a etiqueta 15 aniversario.
[ver entrada]

Marinocha Über Alles (6 setembro 2014)
A comezos de setembro recuperamos a actividade normal despois do parón de agosto, e para comezar con gañas nada mellor que contar con Marinocha e outra das súas sesións Über Alles!! e menudos cañonazos que nos deixou!
[ver entrada]


tRash Tra$h trAsH #10 (12 setembro 2014) 
Desta vez a cousa era fácil, no cartel apareceía a portada do "Bongo Brain" dos divertidos The Revillos, e xa era bastante pista para intuir por onde iría a sesión. Unha hora de basura punk e new wave ben mesturada e bastante animada.
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #24 (19 setembro 2014)
E despois do verán tamén retomábamos a serie de música negra de cada mes. Aquí tedes unha sesión un pouco máis longa do habitual da sesión do venres das Black Grooves!! 25 temas de funk, soul & Rhythm'n'blues!! Metédelle volume!!
[ver entrada]

Kurco SoundSystem (27 setembro 2014)
Volvia Kurco despois do verán, e a súa sesión era para continua-la festa despois do concerto de The Even Flow Experience. Son dous volumes, nesta ocasión sen mesturar, os temas tal cual no-los enviou, máis noventero imposible!!
[ver entrada]

tRash Tra$h trAsH #11 (17 outubro 2014) 
Aínda que o cartel podía levar a pensar que era outra sesión de macarradas dos 50, tiramos polas bandas de rock psychodélico recentes que máis nos gustan, e o final o cassette se quedou en 25 temas dos últimos anos, sempre basura ben mesturada. 
[ver entrada]


Chief Bromden Black Grooves#25 (25 outubro 2014) 
En outubro volvía o Chief Bromden á nosa cabina para encargarse das Black Grooves dese mes, e desta vez por fin nos deixou unha hora da súa sesión, chea de funk, soul, rhythm'n'blues, algo de afrobeat e un par de sorpresas polo medio moito máis próximas...
[ver entrada]

Psycho! (17 outubro 2014) 
Xa tiñamos gañas de facer unha sesión puro 60's , pero cada mes iamos pechando programa e deixando para o seguinte e ata outubro... Na descarga atoparedes unha boa mostra dese día, con 20 temas de freakbeat e garage psych, cunhas cantas xoias.
[ver entrada]

Fuck'U Whiteys... Black Grooves #26 (29 novembro 2014)
Nova entrega das Black Grooves, volvendo ó formato máis habitual aínda que a noite quedou moito máis ecléctica do que tiñamos pensado nun principio. Aquí tedes unha parte da sesión, con 20 temas de funk, soul & Rhythm'n'blues!! Metédelle volume!!
[ver entrada]

Marinocha Über Alles (30 novembro 2014) 
Nada mellor que rematar o mes cunha sesión de Marinocha, e se viña con gañas aínda mellor.
Unhas cantas horas de enerxía, trallazo tras trallazo. Psychodelia, punk, post rock... Aquí tedes unha pequena parte para facervos a gañas de máis. Uber Alles!! 

Kurco SoundSystem (13 decembro 2014)
A última sesión de Kurco deste 2014, desta vez sen premisas, e mesturando dende pezas totalmente actuais e clasicazos da súa marca. Ademáis de tanto chamar ó lado escuro da forz, tampouco quixo faltar John Williams...
Michi Calambres "Anti-NadalSoul" (20 decembro 2014)
Non foi a última do ano, pero sí a última que vos deixamos. Na primeira das noites do Nadal Soul tiñamos ó gran Michi Calambres na cabina despois do concerto, e si esperábades soul, funk e demáis nin o tentedes, puro "Anti-NadalSoul" Grande Calambres!!

E xa sabedes, neste 2015 moito máis...

No hay comentarios: