viernes, 27 de febrero de 2015

Nebula "Atomic Ritual"

Por suposto algo de stoner tiña que cair entre as recomendacións desta semana. Estou case seguro que Kurco tira máis polo clásico ortodoxo do xénero, mentres que a min sempre me tirou máis polos derivados máis psychodélicos que viñeron despois, sobre todo me quedos cos Nebula
Naceron como unha excisión dos Fu Manchu en 1997, e nos seus primeiros anos firmaron un puñado de álbumes e eps impecables, dende os máis monolíticos "To the Center" ou "Sun Creature", ata o "Charged" no que comezou o cambio cara o ácido, pero sobre todo me encanta o son dos anos nos que coincidiron na formación Eddie Glass, Simon Moon e Ruben Romano, así que hoxe recomendovos este "Atomic Ritual" do 2002, aínda que teña a peor portada de toda a asúa discografía...

NEBULA "Atomic Ritual"
(Sweet Nothing / Liquor and Poker, 2002)



No hay comentarios: