jueves, 12 de febrero de 2015

The Black Keys "Chulahoma EP: The Songs of Junior Kimbrough"

E outro máis. 
Xa sabedes que nos nos gusta nada o último rumbo que tomaron os Black Keys, pero seguimos desfrutando de todo o seu material anterior. 
Unha desas rarezas que non tiñamos era este "Chulahoma EP: The Songs of Junior Kimbrough" que publicaron no 2006 con versións do mítico bluesman Junior Kimbrough, que somentes tivo un certo recoñecimento a comezos dos 90 co álbum "All Night Long" (editado por Fat Possum e coa produción de Robert Palmer). No 2006 The Black Keys publicaron este ep con que versionaban 7 dos seus temas, e no 2011 foi reeditado en sobre tranparente e vinilo impreso. Precioso por fora, e puro blues por dentro. Estes son os Black Keys que máis nos gustan.

THE BLACK KEYS "Chulahoma EP: The Songs of Junior Kimbrough"
(Fat Possum, 2006)



No hay comentarios: